Piden tres anos de prisión para o dono dunha óptica acusado de abusar sexualmente dunha menor

Cando se produciron os abusos a menor tiña 14 anos.

Por E.P. | VIGO | 16/02/2022 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 7 de Vigo xulgará este mércores, día 16 de febreiro, ao dono dunha óptima acusado de abusar sexualmente dunha menor de idade que acudiu ao seu establecemento a adquirir unhas lentes de contacto.

Por iso, a Fiscalía solicita unha pena de tres anos de prisión, con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena por supostamente cometer un delito de abusos sexuais. Tamén pide unha indemnización para a vítima de 3.000 euros.

Os feitos remóntanse a setembro de 2020, cando a menor, que por aquel entón tiña 14 anos, acudiu a continuar coa adaptación dunhas lentes de contacto, que xa iniciara pola mañá dese mesmo día.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

O acusado, "aproveitando as indicacións que lle daba á menor para orientala no manexo das lentes de contacto", procedeu "con ánimo lúbrico", a apoiar unha das súas mans na coxa da nena e, posteriormente, tras "toquetearlle o pelo", procedeu a tocarlle en varias ocasións os ombreiros, o costado e os peitos, segundo recolle o escrito do ministerio público. "Todo iso á vez que, ademais de facerlle preguntas de carácter persoal tales coma se tiña noivo, se lle gustaba saír de festa ou se era unha persoa fachendosa, repetíalle constantemente 'que tiña uns ollos moi bonitos", describe a Fiscalía.

Ademais, ante a falta de pericia da menor para manexarse coas lentes de contacto, o acusado indicoulle que non fora brusca, xa que se o era póndose as lentes de contacto "non se quería imaxinar noutras cousas" ou que "abrise a pálpebra do mesmo xeito que abría outras cousas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta