Abel Caballero, sobre o BNG: "Se fora por eles seguiriamos nas pallozas"

Acúsaos de querer paralizar unhas obras por preguntar polos restos arqueolóxicos que se atoparon na intervención.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/02/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este martes contra o BNG tras o anuncio dunha batería de preguntas no Parlamento sobre as obras de construción dun túnel en Porta do Sol e a xestión dos restos arqueolóxicos que apareceron, e acusou aos nacionalistas de pretender "parar" esa actuación.

Nunha rolda de prensa, o rexedor afirmou que o BNG está "contra Vigo" porque unha deputada nacionalista anunciou que levará ao Parlamento "a súa pretensión de parar o túnel de Porta do Sol". "Se deles dependese, seguiriamos nas pallozas. Non queren que Vigo progrese", sentenciou.

Segundo Abel Caballero, o BNG "invéntase mentiras e calumnias" e advertiu tanto a esta formación como ao seu portavoz: "Que se decate o BNG e Ana Pontón, que se poñan como se poñan vaise facer". Respecto diso, o rexedor proclamou que a actuación estase levando a cabo cun "respecto extraordinario" polos restos arqueolóxicos e, ademais, "é boa para a cidade". "Que fixo o alcalde nacionalista que houbo en Vigo (Lois Pérez Castrillo) polo patrimonio? Nada", resolveu, e engadiu: "Dígolle á señora Pontón que atacando a Vigo vaille a ir moi mal".

Abel Caballero en rolda de prensa.. CONCELLO DE VIGO
Abel Caballero en rolda de prensa.. CONCELLO DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta