Por Galicia Confidencial | Carnota | 20/05/2014 | Actualizada ás 13:30
Binn Dubh. Ese sería o nome gaélico do Pindo. Unha palabras de orixe celta que significarían “monte escuro”.
Esa é, cando menos, a teoría do Proxecto Gaelaico, un traballo colectivo liderado por -entre outros- James J. Duran, Ph. D. (Séamas Ó Direáin), doutor en Lingüística pola Universidade de Stanford de EEUU, Alberto Lago Villaverde, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela ou Henrique Egea Lapina, licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela.
Estes investigadores estudan a íntima relación da cultura e mitoloxía irlandesa coa galega a través da fala e por tanto entre as súas correspondentes nacións. A súa hipótese avala a versión de que o topónimo do macizo granítico carnotá sempre fose o que hoxe ten, e ilústrase a posibilidade de que a denominación Monte Pindo obedeza á descrición física dun monte escuro.
Así, din que correspondería case literalmente coa tradución das ditas palabras en calquera dos dialectos do gaélico: binn ou beinn, que describen un pico nos dialectos gaélico irlandés e escocés respectivamente, e dubh, adxectivo para describir algo escuro indistintamente en calquera das dúas variantes. Admitindo esta hipótese, Binn Dubh equivalería a Pindo e ademais ofrecen varios exemplos de montes fisicamente similares ao carnotá e denominados exactamente dese xeito nas terras celtas, ao igual que o propio territorio no que se asenta o mirador da Costa da Morte, denominado xa polos romanos coma o dos Celtici Supertamarci.
Este é o seu artigo:
Pindo: Pico ou Montaña Escura
En Galicia, no municipio de Carnota, na provincia de A Coruña, hai unha montaña coñecida como Pindo. Existen numerosas lendas sobre esta montaña, que algúns historiadores románticos galegos consideraron o Olimpo Celta.
Coa intención de botar un pouco de luz sobre a orixe do nome desta famosa montaña galega, detémonos nas súas características físicas. O Pindo é unha inmensa masa de granito escuro cunha altura máxima de 627 metros. Pindo, a parroquia onde está situada, debe o seu nome a esta montaña.
Como xa dixemos, a súa cor escura é unha das súas principais características. Podémolo apreciar claramente na seguinte imaxe.
![]() |
Monte Pindo (Carnota-A Coruña-Galicia) |
LINGUA
|
PALABRA
|
SIGNIFICADO
|
gaélico irlandés
|
binn
|
pico, cumio (por ext. montaña)
|
gaélico escocés
|
beinn
|
pico, cumio (por ext. montaña)
|
LINGUA
|
PALABRA
|
SIGNIFICADO
|
gaélico escocés e gaélico irlandés
|
dubh
|
escuro
|
gaélico irlandés
|
binn dubh
|
pico escuro / montaña escura
|
gaélico escocés
|
beinn dubh
|
pico escuro / montaña escura
|
![]() |
Beinn Dubh (Escocia) |
![]() |
Binn Dubh (Irlanda) |
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.