Esgótanse nunha hora as axudas da Xunta para proxectos de biomasa nos fogares

Esta iniciativa espera mobilizar 3,75 millóns de euros no sector, conseguir aforros enerxéticos de 9000 MWh e impulsar a creación de 37 empregos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Xunta informou de que o crédito da liña de axudas para a implantación de proxectos de biomasa nos fogares galegos, cuxo prazo de solicitude arrincou este mércores, se esgotou "nunha hora". En concreto, segundo os datos do Inega, a iniciativa recibiu nunha hora 500 solicitudes, coas que esgotou o crédito de 1,5 millóns de euros orzado, polo que as solicitudes que entran desde ese momento pasan a lista de espera.

A Xunta abriu este mércores, día 2 de marzo, o prazo de solicitude para a implantación de proxectos de biomasa nos fogares galegos, o que, segundo sinala, permitirá un aforro anual nas facturas enerxéticas de 360.000 euros. Esta iniciativa espera mobilizar 3,75 millóns de euros no sector, conseguir aforros enerxéticos de 9000 MWh e impulsar a creación de 37 empregos, ademais de reducir as emisións de CO2 en 2700 toneladas ao ano, o equivalente á plantación de 135.000 árbores.

A contía de axudas será dun 50%, ata un máximo de 60.000 euros, para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético que fomenten enerxías renovables como é o caso da biomasa. Para garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións, os equipos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, elevados niveis de eficiencia e un bo comportamento con respecto ao medio ambiente.

Pellets de biomasa ardendo
Pellets de biomasa ardendo | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta