A Xunta autoriza o parque eólico de Monte Neme que afecta a Carballo e Malpica

O DOG publica a información pública do proxecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o acordo polo que se somete a información pública o proxecto do parque eólico Monte Neme nos concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños.

O DOG publica a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, concretamente, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

A empresa solicitante, conforme detalla o acordo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, é Enel Green Power España e a potencia máxima do parque é de 16MW. Ademais, contempla a instalación de catro aeroxeradores de 6MW, cun sistema de regulación que se configurará para limitar a potencia activa máxima de parque a 16 MW de forma permanente.

Así, prevese que teña unha produción neta de 56.526 MWh ao ano. O orzamento é de 18.458.962,00 euros e o prazo de execución é de oito meses.

Os interesados poderán presentar as alegacións ou observacións que estimen oportunas dentro do prazo de 30 días, que se contará a partir do xoves, día seguinte ao da publicación do acordo.

A documentación estará a disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, así como nos concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños (A Coruña). Ademais, poderase consultar na ligazón: https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/monte-neme

Vistas desde o Monte Neme
Vistas desde o Monte Neme | Fonte: Plataforma pola Defensa do Monte Neme

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta