A alcaldesa da Coruña defende o seu goberno "sólido" tras a renuncia do edil de Urbanismo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2022 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu que o goberno local socialista é "sólido" a pesar da marcha do que foi concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada. Fíxoo a preguntas dos xornalistas coincidindo coa visita que realizou ás dependencias da Cruz Vermella na cidade herculina.

Ao ser preguntada pola situación no goberno local, Inés Rey manifestou que é a "mesma que a semana pasada e a anterior". "Somos un goberno sólido, estable e unido", recalcou. Ademais, apostilou que os que integran o equipo de goberno están a traballar para sacar "un modelo de cidade, de futuro, facendo fronte á actividade diaria e novos retos".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta