Tres estudantes galegos, premiados na maior feira científica do Estado

Trátase dos ourensáns Roque López, Antía Ollero e Juan Martín Taboada, que participaron da duodécima edición das Aulas Tecnópole para o desenvolvemento de proxectos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2022 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- está a desenvolver ao longo deste curso a

Roque López, Antía Ollero e Juan Martín Taboada, tres estudantes galegos premiados na maior feira científica do Estado
Roque López, Antía Ollero e Juan Martín Taboada, tres estudantes galegos premiados na maior feira científica do Estado | Fonte: remitida

duodécima edición das Aulas Tecnópole, dirixidas a espertar vocacións científicas e

incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado de 12 a 18 anos. Así pois, no marco destas aulas trabállase en proxectos de investigación que logo se presentan a feiras e congresos como Exporecerca. Trátase da principal feira científica a nivel estatal, vén de celebrarse en Barcelona e contou coa participación de dous proxectos de Aulas Tecnópole, premiados en diferentes categorías.

PERFUMES CON ACEITES ESENCIAIS

Un dos proxectos estaba centrado na creación de perfumes con aceites esenciais. O equipo investigou diferentes técnicas coas que se realizaban os perfumes na antigüidade, desde Exipto, pasando pola Idade Media, ata chegar á actualidade. Os rapaces lograron, por arrastre de vapor, extraer aceites esenciais de laranxa e mimosa. Por outro lado, con aceite de fritir croquetas obtiveron tamén aceites aromáticos de croqueta.

Ademais, un dos integrantes do equipo, Roque López, alumno de 3º da ESO do Colexio Guillelme Brown de Ourense, foi galardoado en Barcelona co premio 'Broadcom Masters' pola súa presentación e defensa do proxecto, considerado o “mellor comunicador” da feira. Este premio, segundo explican na nota, permitiralle viaxar en maio a Estados Unidos para participar nun concurso científico en Atlanta. 

CÁMARA DE NÉBOA LOW COST

O outro proxecto de Aulas Tecnópole presentado a esta feira foi unha "cámara de néboa low cost", que consiste na creación dunha cámara de baixo custo para ver radiación ionizante, posto que os sistemas actuais teñen un custo moi elevado. Empregando xeo seco, placas con semicondutores e disipadores de ordenadores, o equipo logrou construír unha cámara por tan só 75 €, fronte aos miles de euros que custa unha comercial. Permite visualizar radiacións e tamén raios cósmicos.

Os seus autores, os dous de primeiro de Bacharelato, son Antía Ollero, do IES As Lagoas

de Ourense; e Juan Martín Taboada, do Colexio Maristas de Ourense. Recibiron unha

mención da American Meteorological Society ao mellor traballo relacionado con ciencias

atmosféricas; e tamén o premio da Real Academia de las Ciencias de Barcelona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta