Temas: PADRóN 112 061

Trasladado ao hospital un matrimonio de Padrón con síntomas de intoxicación por inhalación de gas

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou ás 18,00 horas de que unha UVI móbil desprazábase ata a zona para atender a unha persoa que caera dunha moto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2022 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Un matrimonio foi trasladado polos servizos sanitarios en ambulancia a un centro hospitalario tras presentar síntomas de intoxicación por inhalación de gas en Padrón. Ademais, unha filla dos afectados acudiu ao hospital polos seus propios medios.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 16,15 horas recibiu o aviso dun particular que informaba de que a súa muller se desvaneceu no seu domicilio, situado na rúa Pérsico.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do persoal do GES de Padrón, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil.

Xa no lugar, os equipos de emerxencia, tras detectar unha alta concentración de gas, procederon a ventilar a vivenda. Os bombeiros sinalaron que a causa podería ser a mala combustión dun quentador de gas.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Temas: PADRóN 112 061
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta