Homenaxe a un loitador republicano

Amigos da República remitenos un comunicado sobre a morte de José Bóveda Formigo, un home de Ventosela que fundara a CNT no Ribeiro a comezos da II República, polo que estivo preso, e fuxiu, da prisión do Forte de San Cristóbal, en Pamplona, unha fuga na que participaron máis de 1.000 persoas e na que unicamente 3 acadaron a liberdade...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/07/2007 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

"...porque un se sente na obriga de espallar aos catro ventos

que esta Terra, tantas veces mal representada pola mansedume e docilidade das bestas de carga, tamén soubo de rebeldías".

(Verbas tiradas do limiar do libro de Dionisio Pereira

"A CNT na Galicia 1922-1936")

Dende hai 10 anos, nas datas en torno ao 14 de Abril celébrase en Ourense a Festa da República. A de 2002 estivo dedicada ao polo papel xogado polos/as sindicalistas ao longo da República. Para personificar tal feito foi elixido José Bóveda Formigo, natural da localidade ribadaviense de Ventosela. Daquela tiña 90 anos cumpridos

Quen é José Bóveda? Un home bo e xeneroso que lembraba como naquel Abril de esperanzas de 1931 "uns poucos rapaces falamos un día de que eiquí non había ningún sindicato,. Entón decidimos montar a CNT". Lembraba que "entre 4 ou 5 montamos o primeiro sindicato na comarca, para facer fronte aos caciques. Os xornais eran entón de 3,5 pesetas e 20 horas de traballo. Nós pedimos 5 pesetas e 8 horas. Tiñamos que ir polas portas ás noites explicando o que queriamos, coa negativa dos empresarios, aínda que o conseguimos ao final".

Co Golpe de Estado, o seu posicionamento custoulle unha condena de 30 anos de cadea por "Rebelión Militar"(?) nun esperpéntico xuízo no Paraninfo do Instituto de Ourense. Conducido inicialmente á prisión de Celanova, foi levado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristóbal, en Pamplona. de onde se fuga o 22 de maio de 1938 xunto con 1085 presos, entre eles 204 galegos (deles 33 eran da provincia de Ourense), segundo el explicaba e así consta nos libros como o de Félix Sierra "La fuga de San Cristóbal".

Detido aos poucos días, José foi condenado a 17 anos de cadea máis, en setembro de 1945 fóronlle revisadas as penas e saíu á rúa, regresando de novo a Ribadavia, aínda que mal mirado de novo. Por iso tivo que emigrar a Barcelona. Os traballos da vida e a xubilación foron os motivos do seu regreso á súa Ventosela natal, ás lembranzas, aos veciños e á familia.

Cando tivemos a honra de coñecelo e falar con el contaba que ao seu regreso a casa, "atopeime cos fascistas de sempre", lembraba, sinalando que "un día no bar ‘Moderno’ de Ribadavia estaban 4 ou 5 nunha mesa cun amigo meu de esquerdas. Cando eu ía ao café só falaba con quen se podía falar. Eu sentei noutro lado, Cando me dixeron que fora sentar con eles, dixen que con fascistas non estaba. Recoñezo que era un pouco maleducado ao tratar con esa xente, pero era o que había que facer. Para evitar problemas, marchei para Barcelona no ano 47".

Co pesar polo pasamento do amigo José o 16 de xullo, pero coa alegría de telo coñecido, unimos as nosas voces á súa para cantar aquilo de "ás barricadas, ás barricadas, polo trunfo da Confederación!

Saúde e República!

Amigos da República

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 de aquí

Oscar en tu planteamiento eres diré que impecable.

Pero una vuelta atrás nos demuestra que las actitudes y comportamientos de la CNT antes y durante la Guerra Civil en este país poco tenían o tuvieron de libertarias y si mucho de "fascistoides" digamos.

No hay más que acudir a las hemerotecas y ver lo sucedido por ejemplo en Barcelona; lugar en el que por cierto la CNT sí era importante y tenía gran implantación.

Un saludo

6 anónimo

Si, galiza ceive, e eu quero que a o "estado galego" sexa unha monarquía, con Gayoso de rei e Superpiñeiro de princesa. Cada día me sorprende máis a terxiversación da historia que se fai: así que os galegos "tivemos que safarnos soinhos". Jajajaja. Hai que ler máis e ser un pouco máis crítico co que se le e co que se di.

5 galiza ceive!

a min, como xa dixen moitas veces, gustariame que a constitucion do estado galego fose una republica. Unha republica con 3 poderes separados, isto e, con eleccions lexislativas, como franza ou EUA, e como ben enunciou rousseau.

Delegar o poder en diputados pareceme perder a voluntade propia, e transforma as eleccions en aclamacions populares do lider. Non deixa espazo a politica e o debate de iniciativas. O pobo non pinta nada na lexislacion.

Pero hai cousas dun rei que non vexo de todo mal. En caso de invasion, quen representa o pobo? Mirade a holanda, cando foi invadida, sabiase perfectamente onde estaba a nacion mirando a tarefa da sua rainha.

Desafortunadamente, tamen temos o caso de italia, cuns reis que venderon o pais totalmente, ou a invasion dos franceses de 1808, onde carlos iv ofreceu a coroa a napoleon por 800.000 reais, e os galegos tivemos que safarnos soinhos (moi heroicamente por certo, sendo a primeira xunta en ser liberada)

4 Cítrico

Ten toda a razón Óscar.

3 Oscar

Ou sexa, ¿acaso non eran fascistas?
A CNT é anarcosindicalista, non fascista. A Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista recolleron prácticamente o ideario do Fasci Italianni di Combatimento de Mussolini. Polo tanto, son fascistas.