Denuncian que deixaron só a un administrativo para atender o centro médico de Tordoia

"Ten que haber outra emerxencia sanitaria, ten que falecer alguén para que se tomen medidas ó respecto?", critica a veciñanza

Por Galicia Confidencial | Tordoia | 18/03/2022 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

A veciñanza de Tordoia denuncia a "total desatención" do centro de saúde desta localidade. En declaracións ao GC, unha das usuarias deste dentro denuncia que este venres o centro quedou só cun persoa PSX (Persoal de Servizos Xerais) para atender a todos os que alí acudían. Isto implica que non había ningún especialista médico para atender á veciñanza.

Centro de Saúde de Tordoia
Centro de Saúde de Tordoia | Fonte: Páxinas Galegas

Un PSX é o persoal ao servizo do SERGAS que divide as súas tarefas entre as funcións administrativas necesarias nun hospital e as da atención ao usuario e paciente, pero non ten capacidade de atender sanitariamente a ninguén. "A pregunta que nos facemos tod@s é: ten que haber outra emerxencia sanitaria, ten que falecer alguén para que se tomen medidas ó respecto?", indica Raquel Bello que salienta que "hai un malestar xeral entre os veciños e isto non pode seguir asi".

O centro tería que ter tres médicos de familia, unha pediatra ,dous enfermeiros, unha matroa e un PSX pero "día si e día tamén non ten a cobertura do persoal correspondente", denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dalle que libras

Ocorre cada día nos Puntos de Atención Continuada nos que hai un só médico