A Xunta reclama mobilizar o Exército "se é necesario" para asegurar o transporte

Sanidade admite "preocupación" pola redución dun 40% de entregas de material sanitario na plataforma loxística do Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou ao Goberno central que negocie cos transportistas para poñer fin ao conflito e demandou que se poñan a disposición todas as forzas de seguridade do Estado que aseguren que o transporte poida seguir funcionando. De feito, reclamou que, se fose necesario, "tamén se mobilice ao exército".

Tras a reunión do comité galego ante a crise de Ucraína, na que tamén participou o delegado do Goberno; Alfonso Rueda cualificou a situación de "moi grave" e insistiu ao Executivo central que negocie cos transportistas e que, mentres tanto, se habilite "un plan de continxencia" e "corredores seguros" para garantir a circulación dos camións.

Pola súa banda, o delegado do Goberno, José Miñones, respondeu que o Executivo de Sánchez xa puxo todas as forzas de seguridade dispoñibles para que as empresas poidan seguir realizando os transportes e que non paren. Así mesmo, asegurou que os últimos informes que lle trasladaron a Policía Nacional e a Garda Civil sinalan que "todas as liñas están abertas", tras unha xornada que arrincou cun corte total na A-6 á altura do Corgo e unha caravana de camións en Vigo.

PREOCUPACIÓN EN SANIDADE

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña tamén mostrou este venres a súa "preocupación" ante a diminución de "ata un 40%" de entrada de material sanitario na plataforma loxística que o Sergas ten no concello coruñés de Negreira.

García Comesaña recoñeceu que o xoves foi un día "moi complicado" e que algunha intervención estivo "a piques de suspenderse", pero finalmente o material acumulado foi suficiente. En todo caso, o conselleiro sinalou que o Sergas xa decidiu colocar "rótulos específicos" nos cargamentos sanitarios nos que se indica que transportan este tipo de material para evitar que se vexan afectados polos piquetes da folga do transporte.

Varios membros dun piquete insultan e fan xestos aos camións que pasan en dirección A Coruña escoltados pola Garda Civil, durante o cuarto día de paros no sector dos transportes, a 17 de marzo de 2022,. Carlos Castro - Europa Press
Varios membros dun piquete insultan e fan xestos aos camións que pasan en dirección A Coruña escoltados pola Garda Civil, durante o cuarto día de paros no sector dos transportes, a 17 de marzo de 2022,. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta