Os transportistas negan vínculos coa extrema dereita logo das acusacións do Goberno

Repudian tamén vandalismo e violencia e instan ao Goberno a negociar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

A asociación de transportistas Apetamcor rexeita ter vínculos con "ningún partido ou corrente política", repudia calquera acto de vandalismo ou de violencia e insta o Executivo Central a negociar co sector. A asociación quixo aclarar que "en vistas de certos bulos que circulan polas redes sociais e inclusive nalgúns medios de comunicación" a súa única misión é a representación dos seus socios e do transporte profesional.

Así mesmo, Apetamcor defendeu que o seu labor nestes momentos "críticos" que vive o sector do transporte profesional é loitar por "medidas xustas e condicións de traballo dignas" para os transportistas. O colectivo instou ao Goberno a negociar as condicións, os servizos mínimos e unha solución "urxente" á situación que vive o sector. Ademais, puntualizaron que os transportistas non queren prexudicar a outros sectores como o gandeiro ou o lácteo, que ven afectados o paro. Por iso quixeron transmitirlles que os transportistas son "vítimas" e que non queren facer dano.

Apetamcor reivindicou que se debe aos seus socios e que tan só cumpren co propósito de dar visibilidade ao sector e de transmitir á Federación Nacional (Fenadismer) a situación "límite" do colectivo. En todo caso, insistiron en que é responsabilidade do Goberno Central lexislar en base ás reivindicacións do paro que levan a cabo os transportistas.

Varios camións parados na dársena de Transportes Rabadenses, unha das maiores empresas de transporte da provincia de Lugo. Carlos Castro - Europa Press
Varios camións parados na dársena de Transportes Rabadenses, unha das maiores empresas de transporte da provincia de Lugo. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta