O TSXG absolve un acusado de abusar sexualmente da súa sobriña menor de idade

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/03/2022 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu un home acusado dun delito continuado e agravado de abuso sexual á súa sobriña menor de idade, que padece unha minusvalía do 42%. Segundo informa o alto tribunal galego, con iso revoga a sentenza ditada por parte da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra en relación a uns feitos entre os anos 2016 e 2019 polos que foi condenado en instancia a dez anos e seis meses de prisión.

Agora, a Sala do Civil e Penal do TSXG considera que "non é factible construír o xuízo de autoría do acusado con arranxo a un discurso sólido e expresivo do grao de certeza esixido para fundamentar a súa condena polo imputado delito". No entanto, contra o fallo do alto tribunal galego cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.

Sede Del Tribunal Superior De Xustiza
Sede Del Tribunal Superior De Xustiza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta