Cooperativas de horta galegas esperan facturar un 25% máis este ano a Vegalsa-Eroski

Esta mañá renovouse o acordo de colaboración entre Velgalsa-Eroski e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias no marco da XXXVII Feira Internacional Semana Verde de Galicia

Por GCAgro | Silleda | 12/06/2014 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Coincidindo coa 37ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia  2014, o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e o presidente da  Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), José Montes, renovaron o protocolo  de colaboración, posto en marcha no 2011 para impulsar o desenvolvemento e a  innovación sustentable do cooperativismo agrario a través de programas de cooperación que  garantan unha produción e comercialización agrícola galega de calidade diferenciada.

Sinatura do acordo entre Vegalsa_Eroski e AGACA en presenza de Rosa Quintana
Sinatura do acordo entre Vegalsa_Eroski e AGACA en presenza de Rosa Quintana | Fonte: GC

En 2013 este acordo permitiou que cinco cooperativas galegas de horta facturaran á cadea de distribución 1 millóns de euros, e para 2014 espérase que esa cifra medre un 25%.  O acto  de sinatura contou coa presenza da conselleira de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia,  Rosa Quintana.

Calidade e rendibilidade que nacen da horta

Este protocolo permitirá seguir potenciando a comercialización de produtos agrarios de calidade
con trazabilidade e adaptados ás condicións técnicas e loxísticas do grupo de distribución.

Entre os seus obxectivos atópase ampliar as categorías de produtos da horta
que desenvolven, mantendo as recolleitas no convenio anterior.

Sinatura do acordo entre Vegalsa_Eroski e AGACA en presenza de Rosa Quintana
Sinatura do acordo entre Vegalsa_Eroski e AGACA en presenza de Rosa Quintana | Fonte: GC

As cinco cooperativas de AGACA que na actualidade forman parte deste proxecto viron notablemente incrementada o seu facturación no último exercicio 2013, ascendendo a case
un millón de euros. Cifra que prevén mellorar nos próximos anos coa axuda ademais
de novos socios para aumentar o volume de produción e abastecer así a crecente
demanda do mercado.

De cara a este 2014, as estimacións falan dun incremento do 25 %, cunha facturación
próxima aos 1.300.000 euros e a comercialización de máis de 1 millón de quilos de 30
produtos galegos e de gran calidade.

A seguridade alimentaria é unha das principais preocupacións do consumidor de hoxe en día
que aposta por produtos frescos e naturais e que atopa na horta unha gran  fonte deste tipo de alimentos. Grazas ao convenio de Vegalsa-Eroski e AGACA, en 2013 a  produción aumentou un 32%. O alimento máis demandado foi o pemento de Padrón, seguido  do tomate, a leituga, a xudía e a cebola, significando o 70% do volume total  comercializado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta