Xornada de folga este martes na rede de centros socioculturais de Santiago

Os traballadores da rede de centros socioculturais do Concello de Santiago están chamados a participar nunha xornada de folga este martes para demandar ao goberno local a apertura dunha negociación para melloras nas condicións laborais do persoal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/04/2022 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Os traballadores da rede de centros socioculturais do Concello de Santiago están chamados a participar nunha xornada de folga este martes para demandar ao goberno local a apertura dunha negociación para melloras nas condicións laborais do persoal.

A convocatoria coincide coa celebración dun pleno ordinario no que intervirán representantes dos traballadores. No seu apoio, a CIG avanza a celebración dunha concentración ás 09,30 horas fronte á sede do consistorio local, na Praza do Obradoiro.

Os empregados dos centros socioculturais santiaguesas protestan pola publicación dos pregos para as novas contratacións "con atraso e sen contar en ningún momento coa opinión e parecer dos traballadores".

Denuncian que as novas contratacións "sairán máis baratas porque non se axustarán ao convenio propio" e que "se reducen horas nas que sobra parte do persoal que xa está en activo, neste momento, e debe ser subrogado por lei".

Centro sociocultural A Trisca, en Santiago de Compostela
Centro sociocultural A Trisca, en Santiago de Compostela | Fonte: Google Maps.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta