Buscan a unha moza de 27 anos desaparecida desde este luns en Ferrol

Perdéuselle a pista na zona de Balón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Unha moza de 27 anos, Noelia González Martínez, está desparecida desde este luns, 4 de abril, cando se lle perdeu a pista en Valón, en Ferrol. Segundo difundiu a Asociación Sosdesaparecidos ten unha altura de 1,65 metros, complexión atlética, pelo negro e longo e ollos castaños. Tamén se busca un vehículo Ford Festa con rótulos vermellos. Desde a Asociación Sosdesaparecidos pídese a colaboración cidadá por se poden achegar algún dato.

Desaparición dunha moza en Ferrol o luns 4 de abril. SOSDESAPARECIDOS
Desaparición dunha moza en Ferrol o luns 4 de abril. SOSDESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta