Por GCAgro | Caldas de Reis | 19/06/2014 | Actualizada ás 07:00
A Asociación Galega de Apicultura AGA organiza un Curso de Iniciación á Apicultura os días 27, 28 e 29 de xuño en Caldas de Reis en colaboración coa empresa Ibérica de Esponjas Vegetales S.L.
Este curso é o último que se impartirá dentro do programa de formación de AGA do 2014, no que xa participaron mais de 500 persoas. Os obxectivos do programa de formación de AGA deste ano están sendo amplamente satisfeitos, coa elevada participación de novos abelleiros e abelleiras e as numerosas adhesións de socios e socias á Asociación Galega de Apicultura.
A xente nova ve nesta actividade unha alternativa laboral e mostra un crecente interese na defensa e promoción das abellas e do coidado do medio ambiente. Esta incorporación de mozos e mozas é un factor moi positivo para apicultura galega, que precisa dunha nova xeración de apicultores e apicultoras para que esta actividade continúe ofrecendo todos os beneficios que a natureza e a sociedade reciben gracias a ela: a polinización das plantas, o mantemento da biodiversidade e os valiosos produtos apícolas que enriquecen a nosa gastronomía e contribúen a ter unha alimentación saudable.
Elaboración de esponxas vexetais
Incorpórase ademais neste curso un elemento diferente respecto ós anteriores. Na actividade participará Ibérica de Esponjas Vegetales, empresa afincada en Caldas que se dedica á elaboración de esponxas vexetais da variedade Luffa Cylindrica, proceso no que é relevante a polinización das abellas. Trátase de ofrecer unha visión mais ampla da apicultura que, ademais de producir mel e outros produtos apícolas recoñecidos, contribúe de xeito insustituible na polinización dos cultivos dos que se obteñen unha gran diversidade de produtos, entre os que están estas exponxas vexetais.
Máis información:
Datas: 27, 28 e 29 de xuño
Lugar: Centro Cultural “Saiar” - As Goletas, Saiar – Sequeiros (Caldas de Reis)
Duración: 12 horas (3 días)
Horarios: 1º día de 18 a 21 / 2º día de 11 a 14 e de 16 a 19 / 3º Día: de 10 a 14 (Visitas a apiarios).
Prezos: O curso será gratis para socios/as de AGA e cun prezo de 40 € para non socios/as
Inscricións: Data límite 23 de xuño. Email: aga@queixoemel.org / Teléfono: 981 508 142
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.