Desestiman o recurso dos Franco contra o arquivo da causa dos '19 de Meirás'

"Por moito que os herdeiros da ditadura franquista tenten acalar a voz das e dos demócratas que denunciamos o espolio do franquismo non o van a conseguir", afirma o colectivo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/04/2022 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instruccion número 2 de Betanzos desestimou o recurso presentado contra o arquivo e sobresemento da causa aberta contra os integrantes dos coñecidos como '19 de Meirás', denunciados pola Fundación Francisco Franco e a familia do ditador. Así o informan os '19 de Meirás' en relación a unha denuncia que se presentou tras a "acción simbólica", insisten, realizada no 2017 no Pazo de Meirás para esixir a súa devolución ao patrimonio público.

Nun comunicado, os seus integrantes destacan a decisión do xulgado "reiterando o sobresemento e arquivo da causa". No entanto, lembran que, contra ela, aínda cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. Sobre a ocupación do Pazo de Meirás, en 2017, reiteran que se tratou dun "acto simbólico" realizado en agosto dese ano "para reclamar o que é de xustiza: que o Pazo ten que ser devolto ao pobo galego", sosteñen sobre a demanda que os levou a protagonizar este acto.

"Por moito que os herdeiros da ditadura franquista tenten acalar a voz das e dos demócratas que denunciamos o espolio do franquismo non o van a conseguir", afirman tamén en relación a bens da familia Franco obtidos durante esa etapa.

Os activistas denunciados polos Franco durante a protesta do 2017 no Pazo de Meirás. 19 DE MEIRÁS
Os activistas denunciados polos Franco durante a protesta do 2017 no Pazo de Meirás. 19 DE MEIRÁS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta