O vindeiro luns celebrarase a entrega dos premios Valedora do Pobo no reitorado da Universidade da Coruña

Estes galardóns, dotados de 1.000 euros e unha publicación na web do Valedor do Pobo, nace dun convenio asinado entre esta institución e as tres universidades galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Reitorado da Universidade da Coruña (UDC) acollerá este luns, a partir das 11,00 horas, o acto de entrega da segunda edición dos Premios Valedora do Pobo a dous traballos de fin de grao (TFG) e outros dous de fin de máster (TFM) con perspectiva de xénero presentados durante o curso 2020/2021.

Estes galardóns, dotados de 1.000 euros e unha publicación na web do Valedor do Pobo, nace dun convenio asinado entre esta institución e as tres universidades galegas --Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña--.

Nesta segunda edición, segundo informan os organizadores, danse catro premios 'ex aequo' tal e como o contemplan as bases. Acudirán ao acto, ademais das galardoadas, a propia valedora, María Dolores Fernández Galiño; os reitores da UDC e a USC, Julio Abalde e Antonio López, respectivamente; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Dos dous TFG recoñecidos, o proxecto 'Aínda que custe respirar: estudo do amianto con perspectiva de xénero', de Sara González Veiga, constata a discriminación na seguridade e a saúde no traballo e aborda da necesidade de incorporar a perspectiva de xénero tras investigar o caso concreto dos efectos adversos do amianto nas mulleres.

Ademas, recibe o galardón 'Ser coidadora átache: desafíos ocupacionais de mulleres coidadoras do rural galego durante a pandemia do Covid-19', de Manuela Ángela Branco Suárez, que explora a relación entre saúde, bienestar e ocupacións cotiás dun grupo de coidadoras do rural desde unha pespectiva crítica e da xustiza ocupacional.

En canto aos TFM premiados, en 'A muller no deporte: estereotipos, valores e logros. Un estudo de caso de mulleres deportistas en halterofilia', Ana Feijóo Rodríguez analiza os factores psicosociais e estereotipos de xénero no deporte ao longo da historia e como seguen presentes na actualidade. Finalmente, 'O Movemento Feminista Organizado en Galicia (1975-1983)', de Raquel Fernández Reguera, aborda a evolución desta corrente na Comunidade no período citado.

A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, en comparecencia en comisión parlamentaria.
A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, en comparecencia en comisión parlamentaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta