Publícase 'Tempo Novo', a novela de Neira Vilas sobre a emigración galega en Cuba

É un proxecto de Editorial Galaxia co apoio da Consellería de Cultura.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/04/2022 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

A Editorial Galaxia publica co apoio da Consellería de Cultura 'Tempo Novo', novela de Xosé Neira Vilas (1928-2015) sobre a emigración galega en Cuba. No acto de presentación en Santiago, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a "importancia que ten para a lingua galega ter publicadas as obras dos seus clásicos, máis aínda cando se trata de libros como 'Tempo Novo', no que Neira Vilas ofrece unha perspectiva verdadeiramente interesante na historia da emigración galega como é o acontecemento do triunfo da Revolución en Cuba".

Xosé Neira Vilas, escritor
Xosé Neira Vilas, escritor | Fonte: CONSELLO DA CULTURA GALEGA - Arquivo.

No acto no pazo de San Roque, tamén interviñeron o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

En 'Tempo Novo' o autor de Gres ambienta os seus relatos no período de cambio que se opera en Cuba tras a Revolución de 1953. Ficciona personaxes que lle son próximas, á vez que mostra diferentes escenas e costumes dos galegos emigrados, entre os que destaca a imaxe da muller galega comprometida co proceso histórico na illa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta