O pazo de San Roque acolleu este xoves a presentación de 'Somos hip-hop', que repasa a historia deste movemento desde as súas orixes nos Estados Unidos dos anos 70 ata hoxe.
  comenta   0
Faino por unha obra sobre a profesionalización do mundo da cultura, especialmente, no ámbito da literatura e poesía.
  comenta   1
Os integrantes do Consello de Administración de Galaxia estarían próximos a elixir unha persoa que pode ser anunciada este mesmo venres. "Vai supoñer un peche da crise que vai deixar un bo sabor de boca", apuntan conselleiros da editorial tras a crise provocada pola dimisión de Francisco Castro.
  comenta   1
Hai autores moi críticos con parte do actual sistema editorial galego. Xavier Alcalá, por exemplo, denuncia a "patética e sobredimensionada novela negra" ou a algúns novos autores "que non coñecen o galego". Marilar Aleixandre e Fran Alonso, pola contra, cren que é unha riqueza que haxa autores novos e Antón Vidal apunta á redución do mercado en galego. Pero todos teñen un responsable da actual situación; a falta de axudas institucionais ao idioma e ao libro en galego.
  comenta   1
Que hai detrás dunha obra e da súa editorial?. Realmente autores e autoras galegas teñen problemas laborais?. Editores e autores desminten problemas serios. Galicia Confidencial continúa coa súa road movie na procura de respostas. "Os tempos das militancias xa pasaron e hai que ser moi profesionais", asegura Marilar Aleixandre. "Hai que ter un pacto, un acordo, con transparencia, para evitar problemas", di Quique Alvarellos.
  comenta   2
Faino tras unha grave polémica xurdida nas redes sociais na pasada semana entre autores e editores tal e como xa relatou Galicia Confidencial. Di que marcha ao non sentirse defendido polo presidente e conselleiro delegado, Antón Vidal. Denuncia que non se respecta a súa vida artística, persoal e política.
  comenta   1
Unha entrevista do escritor Alberto Ramos criticando o atraso dun contrato dunha obra publicada en Galaxia tras gañar o Premio Repsol desatou unha polémica nunca vista no mundo literario galego. Unha polémica alimentada por chíos e fíos en redes sociais na procura de adeptos. Galaxia non se pronuncia de xeito oficial e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega de Editores recoñecen dificultades no sector. Esta é a crónica da semana do maior "culebrón social media" literario-editorial de Galicia.
  comenta   1
O curso de verán arrinca cunha reivindicación do papel do protagonista das Letras Galegas 2023 como ideólogo do galeguismo.
O autor ou autora da obra gañadora recibirá un premio económico de 3.000 euros e, ademais, verá a súa obra publicada tanto en galego como en castelán pola Editorial Galaxia.
  comenta   0
"Viu que se podía resistir na actividade galeguista desde o ámbito cultural", salienta o titular de Política Lingüística, Valentín García.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra porá en marcha un proxecto cultural para dar a coñecer a figura e percorrerá 30 municipios da provincia
  comenta   0
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a importancia deste libro, que transmite "valores fundamentais da sociedade galega máis tradicional que aínda teñen vixencia" na actualidade
  comenta   0
Son dos que opinan que o Día das Letras Galegas debería mudar o seu obxectivo fundacional de divulgar a literatura galega por outro formato que explore novos horizontes. Esta exclusividade deixa sen visibilidade outros espazos nos que se xoga o futuro da lingua. Aínda máis: grandes franxas sociais non se sinten atraídas, en absoluto, polo carácter destas celebracións literarias; míranas de esguello, con indiferenza.
  comenta   0
Ao longo da miña vida teño estado en moitisimas casas labregas onde nunca mirei un libro escrito en lingua galega. Sen embargo era común que houbese unha colección do “Almanaque Agrícola ZZ”; unha publicación de 80-85 páxinas dedicada á divulgación de produtos químicos para combateren as pragas do agro galego elaborados por Zeltia Agraria,S.A nos seus laboratorios do Porriño.
  comenta   0
A publicidade en galego ten como primeiro fito histórico o anuncio da máquina de coser da “Compañía Fabril Singer” publicado nos derradeiros anos do século XX na revista A Monteira. Por aquel entón a editada na Habana e dirixida por Curros Enriquez “Terra Galega”, anunciaba tres marcas de viños galegos “Salto do Can”, “Enxebre” e “Veira do Miño”.
  comenta   0
A edición conmemorativa foi ilustrada por Diego Estebo, co seu diseño quere lembrar a Xohán Ledo, quen marcou a liña gráfica das primeiras décadas de Galaxia.
  comenta   0
Os autores Diego Giráldez, Inma López Silva e Antonio García Teijeiro impartirán sesións centradas en narrativa e poesía
Maltrato da paisaxe e soberanía estética.
  comenta   0
David González (Vigo, 1995) e autor do blogue cultural Palabra de Gastby. Durante estas semanas dará os seus consellos sobre títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. As recomendacións da semana son María Solar, As horas roubadas; Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera; Fran P. Lorenzo, Cabalos e Lobos; Vanesa Santiago, A vida sinxela de Marcelo Firmamento; Vanesa Santiago, A vida sinxela de Marcelo Firmamento; Antonio M. Fraga, A virxe das areas e Diego Ameixeiras, A crueldade de abril (Xerais, 2019).
  comenta   0
A cita inclúe unhas 60 funcións, case todas gratuítas, que terán lugar en 10 localidades galegas durante a semana do 11 ao 20 de marzo.
  comenta   0
Nestes escritos recolle a historia de varios colexios maiores e da Sociedade de Amigos da Arte de Santiago.
  comenta   0
Foi coa obra 'A sombra dás árbores', que se impuxo aos 14 orixinais presentados nesta segunda edición e será publicada pola editorial Galaxia o próximo outono.
  comenta   0
Foi autor de innumerables libros e dun dun dos poemarios máis innovador da lírica galega contemporánea.
  comenta   0
A secretaria xeral dá Igualdade presenta este libro escrito por Anna R. Figueirido, para que os mozos "coñezan a orixe do movemento feminista".
  comenta   0
"Por dereito propio, merece un posto destacado na historia da lingüística galega anterior a 1962", defende Xosé A. Fernández Salgado, profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina na Universidade de Vigo, que revela oito cartas de Dámaso ao galeguista Ramón Otero Pedrayo.
  comenta   0
A Fundación Carlos Velo celebra no Liceo de Ourense un acto baixo o rubro “O Carlos Velo que coñecimos” ao que fun convidado. Como non vou poder asistir, quéronme sumar ás voces convocadas para contar desde este xornal as vivencias que tiven co noso cineasta, relatando como e cando o coñecín e que relación tiven con el, amais dalgunha anécdota que partillamos xuntos.
  comenta   0
A escritora foi galardoada pola obra "Os fantom", que se impuxo aos 39 orixinais presentados nesta primeira edición e que será publicada o vindeiro outono pola Editorial Galaxia.
  comenta   0