'O Cabaliño de Buxo' de Neira Vilas xa forma parte da colección infantil e xuvenil de Galaxia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a importancia deste libro, que transmite "valores fundamentais da sociedade galega máis tradicional que aínda teñen vixencia" na actualidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2022 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este martes na presentación da obra infantil 'O Cabaliño de Buxo', un clásico de Xosé Neira Vilas editado pola Editorial Galaxia co apoio da Xunta e que pasa a formar parte da colección infantil e xuvenil 'Árbore' da editorial galega.

O representante da Xunta destacou a importancia deste libro, que transmite "valores fundamentais da sociedade galega máis tradicional que aínda teñen vixencia" na actualidade e que Neira Vilas soubo plasmar "dunha forma maxistral na súa intención de fundar a literatura infantil en lingua galega".

Neste acto tamén estiveron presentes Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas; Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Belén Rodríguez, ilustradora da obra.

Enfocado a nenos a partir de oito anos, 'O cabaliño de Buxo' está ambientado no mundo de aldea que impregna a obra de Xosé Neira Vilas. Ruliño, o protagonista, mira o mundo coa curiosidade dos nenos, tratando de comprender o porqué das cousas.

O incremendo da venda online non foi suficiente para compensar a caída do formato físico. 'Trátase dun mercado case testemuñal', explica Francisco Castro, da Editorial Galaxia. EUROPA PRESS
O incremendo da venda online non foi suficiente para compensar a caída do formato físico. 'Trátase dun mercado case testemuñal', explica Francisco Castro, da Editorial Galaxia. EUROPA PRESS | Fonte: JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta