A Xunta e a Deputación de Ourense fan seu o legado da Xeración nós grazas á Editorial Galaxia

Deciden publicar a Biblioteca Nós. Dous dos libros editados son de Risco, figura reivindicada pola dereita galega.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/12/2020 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

A Editorial Galaxia, unha das máis senlleiras de Galicia, aliouse coas institucións gobernadas polo PP, Xunta e Deputación de Ourense, para reeditar dez libros dos autores máis representativos da Xeración Nós, unha xeración caracterizada, curiosamente, pola reivindicación do caracter nacional de Galicia.

Presentación da Biblioteca Nos.. XUNTA
Presentación da Biblioteca Nos.. XUNTA | Fonte: Europa Press

De feito, na presentación desta nova colección participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal. sentativos da Xeración Nós reeditados con motivo do centenario da revista.

Durante o acto, o conselleiro reivindicou á Editorial Galaxia, unha editora con "mais de 70 anos de historia e case 4.000 títulos" ás súas costas e lembrou "a resistencia cultural do galeguismo e que está moi vinculada tanto a Nós como a Ramón Otero Pedrayo, presente na súa primeira asemblea".

Así mesmo, o titular de cultura da Xunta destacou o valor da cidade de Ourense na actividade e creación cultural, así como a importancia deste grupo de intelectuais para a súa historia. "Falar de Ourense é facelo dunha referencia cultural, artística e literaria, dunha cidade que acolleu a numerosos escritores e poetas e que viu nacer un dos monumentos máis importantes dos últimos séculos, a Xeración Nós", dixo Manuel Baltar.

DOUS LIBROS DE RISCO

Concretamente, os 10 títulos que recolle e reedita esta Biblioteca Nós son: 'O esquecedor mentor de Nós', de Antón Losada Díeguez, 'Teoría do nacionalismo galego' e 'Leira', de Vicente Risco, 'Polos vindeiros da saudade', 'Entre a vendima e a castañeira' e 'O Señorito da Reboraina', o tres de Ramón Otero Pedrayo;'Co pensamento na patria', de Antón Vilar Ponte, 'Antífona dá cantiga', de Ramón Cabanillas e 'Diario 1921, de Castelao.

Curiosamente, o primeiro número da revista Nós comeza coas "Primeiras verbas", un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra (Galiza), a dignificación da cultura galega, o carácter universalista. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores que acabaron abrazando o galeguismo e algúns deles, como Castelao, sendo deputado en Cortes dentro da Fronte Popular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta