O pasado día 22 celebrouse no Parlamento de Galicia o acto de entrega da XXVII edición dos premios de pùblicidade en galego que anualmente convocan o propio Parlamento, Secretaría Xeral de Política Lingüística e Foro E. Peinador do que son presidente. O obxectivo destes premios é premiar ás empresas e axencias de comunicación polo uso da lingua galega nas mensaxes publicitarias en todos os formatos habituais (prensa, radio, televisión e internet).
  comenta   0
Días atrás celebramos no Concello de Mondariz-Balneario unha homenaxe a Enrique Peinador Lines coa descuberta na Casa do Concello dunha placa que incorpora un Código QR para descargar a biografía do homenaxeado, con este texto: “A Enrique Peinador Lines no centenario da senlleira revista “Nós”. A súa achega foi un elo máis do seu labor de compromiso emprendedor transversal, modernizador e galeguista co País”. O acto foi promovido polo Foro E. Peinador e coordinado pola sempre eficiente Carme Vaquero que contou cos patrocinios do Concello e Secretaría Xeral de Política Lingúística.
  comenta   0
A zona máis afectada "foi edificada hai moitos anos" nunha área que antes era o "curso natural" da auga.
  comenta   0
"Que é Galicia? Que nos caracteriza? Cales son os alicerces da cultura?" son algunhas das preguntas dun foro que analizará o "legado" da Xeración Nós no seu centenario.
  comenta   0
O número 1 da revista “Nós” publicouse o 31 de outubro de 1920. Na cabeceira figuraba como director Vicente Risco e no equipo de redactores, entre outros, Ramón Cabanillas. A revista sería a peza fundacional do nacionalismo galego e instrumento ideóneo para a construción das bases da identidade do país. Foi un intento de establecer un diálogo coas vangardas; un coloquio entre a tradición e modernidade que tiña que facerse necesariamente desde unha óptica nacionalista e monolingüe galega.
  comenta   0
Esta entidade presenta un informe tras analizar os libros de lingua e literatura de ESO e Bacharelato e denuncia a presenza de contidos e expresións “de innegable significado nacionalista”. Entre os autores que pon no punto de mira por "dispar calidad literaria" están Chus Pato. Tamén fala de Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Castelao, Manuel María, Méndez Ferrín –“detenido por pertenencia a banda armada”–, María Xosé Queizán, Manuel Rivas ou Víctor Freixanes, actual presidente da RAG. Tamén critica os textos de xornais en galego que recollen algúns destes libros, entre eles, algúns do Galicia Confidencial.
  comenta   36
O senso da imaxe leva a Vicente Risco a concibir as aparicións públicas cos mesmos parámetros que os retratos fotográficos. Grazas as cartas, imaxes impresas e descricións detalladas da prensa, é latente de que o xeito de Risco ao entrar, estar ou saír dun sitio está mais próximo a performance que de facer acto de presenza.
  comenta   1