A oitava edición de 'No bico un cantar' reúne un coro de máis de 350 nenos para homeaxear á Xeración Nós

Coa interpretación de poemas de Otero Pedrayo, Risco ou Álvaro de las Casas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2024 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou este luns en Ribadavia a oitava edición de 'No bico un cantar', unha proposta apoiada pola Xunta que reunirá este venres a un coro de máis de 350 nenos e nenas para homenaxear a Xeración Nós coa interpretación de poemas de Otero Pedrayo, Risco ou Álvaro de las Casas.

Anxo Lorenzo lembrou que este evento é "máis que un concerto", se non que tamén constitúe unha xornada de convivencia de nenas e nenos de toda Galicia que, desde o ensaio da mañá do venres e ata as 18,00 horas do concerto da tarde, "gozan do lugar de acollida e da vivencia dunha paixón compartida; a música".

O proxecto, incidiu o director xeral, que "ten unha clara vocación de divulgación da cultura galega" e do "legado extraordinario" da Xeración Nós, celebra a súa primeira edición desde 2019, xa que foi interrompido pola pandemia.

Baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave e co acompañamento nos metais de Hércules Brass, os versos de Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Álvaro das Casas cobrarán vida no castelo de Ribadavia nas voces de nenas e nenos procedentes de conservatorios do sete cidades galegas; de alumnado de cinco centros de ensino musical de municipios de toda Galicia; e parte do Coro Infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Ademais, e como todos os anos, contarase cunha obra de encarga que se estreará en Ribadavia. O autor escollido nesta ocasión é o compositor Aaron Siebert, quen se detivo nuns versos do señor de Trasalba para ofrecer unha obra nova que cobrará vida na voz dos intérpretes.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. CONCHI PAZ
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta