A estrea do audiovisual será este sábado, 21 de outubro, ás 12:00 horas, na canle de Youtube de Nós Televisión.
  comenta   0
Trátase do primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e unha aplicación de síntese de voz que a partir dun texto é quen de ler en galego.
  comenta   0
"Para nós isto está relacionado co que está a saír estes días nos medios de comunicación, cos audios polos que tamén presentamos outra denuncia", sostivo González Beneitez.
  comenta   0
Un roteiro descubre o "renacer da cultura galega" no Vigo franquista. "Será un percorrido vital individual, máis tamén colectivo, polo renacer da cultura galega tras anos asoballada, aquel soño galeguista, un país de Nós, que a Guerra Civil e a ditadura fascista quebraron pero que el, pero que don Paco del Riego, foi corcosendo", di o escritor Marcos Calveiro, que exerce de guía.
Confiou "en ter a suficiente altura de miras e intelixencia política para ser conscientes do que a sociedade espera de nós, o concorrer cunha lista única".
  comenta   0
«Ergue as túas cornas e os teus ollos puros / ubriá!, obilió! / por riba das searas da esperanza» (Antón Tovar, do poema Obilió!, en Calados esconxuros)
  comenta   0
As Irmandades da Fala constituídas en 1917, seis anos antes do pasamento de Manuel Murguía, fundador do nacionalismo galego, reivindicou a soberanía estética de Galicia como un dos obxectivos para impedir a desfeita do noso patrimonio arquitectónico, monumental e popular. Continuadores desa filosofía foron os intelectuais da Xeración Nós. O Partido Galeguista, fundado en 1931, incorporou ao seu programa o obxectivo das Irmandades, sendo o arquitecto Manuel Gómez Román o gran valedor da defensa dun estilo arquitectónico xenuinamente galego. Ramón Otero Pedrayo calificouno como o soñador das mil Compostelas para Galicia. As súas construcións espalladas pola xeografía galega e moitos proxectos inéditos que se conservan dan fé do aserto oteriano.
  comenta   0
Esixe manter a tarifa da AG-57 en 2022 á Xunta, que limitará a subida ao 2,5%.
Chega o 25 e con el a celebración do Día da Patria Galega, Día Nacional de Galicia ou Día de Galicia, que coas tres denominacións son convocadas concentracións para festexaren unha data moi significativa no calendario sentimental dos galegos e galegas. Galicia enteira acudirá aos chamamentos que fan partidos políticos e sindicatos. En todos eles apelarase á galeguidade con cadanseu matiz. Mais o que nos debe preocupar é que todos os discursos que se pronunciarán teñen algo en común: a retórica da abstración, máis ou menos cargada de bombo.Galicia non pode ser unha abstración. É unha Terra que se ve, que se ole,que se apalpa… dixo Vicente Risco. O Foro E. Peinador hai ben anos que ben dirixíndose aos cúmios das organizacións convocantes para que concreten a idea de Galicia que lles queren transmitir ás súas hostes. Nese intento non tivo nunca éxito. O pedimento que se lles fixo caeu en saco roto. Débelles parecer unha nimieza ou impertinencia dirixírse aos seus seguidores instándoos a escolleren preferentemente produtos galegos no seu consumo cotiá. O razoamento de tal solicitude está debidamente xustificado: as industrias agroalimentaria precisan de consumidores que as fagan viables e non sucumban ante a voraz competencia de produtos foráneos que atopan nas grandes superficies e supermercados todas as facilidades para a comercializan dos seus produtos que se lles negan aos nosos. Hanse referir os que pronuncian os discursos conmemorativas, como é costume neles, a nosa condición de nacionalidade que sofre as políticas marxinadoras do Estado. Non seremos nós os que neguemos que así é. Pero reprochámoslles aos concelebrantes a perversa disociación das características que definen a nacionalidade. Castelao, a quen se citará en todos os actos, enumerou as características de Galicia: idioma, territorio e vida económica propia, amais dos hábitos sicolóxicos refletidos nunha comunidade de cultura. Características indisociables. Mais o certo é que cadaquén, esgazando a unidade que conforman todas, adoitan facer fincapé nun ou noutro aspecto segundo lles conveña ao seu credo político. O máis que poden facer é utilizar os catro conceptos para arrebolarllelos aos contricantes criticándolles as súas políticas. Ninguén apela á galeguización da economía, por exemplo. O Foro E.Peinador na misiva que lles enviou ás organizacións políticas e sindicais dílles que “a economía debe ser galeguizada, nomeadamente no ámbito agroalimentario. As explotación agrícolas e industrias de transformación do sector precisan do apoio dos consumidores para sobreviren e producir fixación de poboación no rural. Por idénticas circunstancias de dificultades pasa o noso idioma, que non acaba de ter a presenza que debera ter nos ámbitos sociais e económicos. Os nosos produtos e lingua galega porecisan do apoio dos consumidores para afortalaren es alianza estratéxica que define a Galicia como nacionalidade”. As organización receptoras do chamamento deberían practicar unha política pedagóxica de rente o chan, chamándolle ao pan pan e o viño viño; é dicir, “consideramos oportuno que desde as tribunas dos oradores se lles demande ao asistentes, de maneira expresa, clara e contundente, que nas compras cotiás elixan produtos etiquetados en galego. Porque deste xeito os consumidores terán a oportunidade de manifestaren un galeguismo verdadeiramente transformador”. De non mudaren o discurso, o demais é falar por falar. Hai que superar a diglosia no consumo. E un derradeiro prego, agora dirixido aos militantes máis conscientes desas formacións sindicais e políticas: demándenlles aos seus dirixentes que nas convocatorias do próximo día 25 se pronuncien sobre este asunto tan decisivo para nós coma pobo. A unidade fai a forza. Ramón Cabanillas, o noso poeta máis reivindicativo expresouno poeticamente nestes versos: “ Galicia, Nai e Señora, sempre garimosa e forte: preto e lonxe; onte, agora, mañá...na vida e na morte!
  comenta   0
1988. No IES da Guía celebrouse un emotivo recital. Alí estaba toda unha xeración nova de poetas e escritores, entre eles, unha moza Xela Arias. Era a xeración dos oitenta. E esta é a súa historia...
  comenta   0
O despropósito da política e do xogo das elites extractivas do Estado xera un moi grande dano ao noso País, Galicia, e á nosa cidadanía. Moi poucas veces este xogo e este dano é tan evidente como nesta conxuntura, ás portas das eleccións rexionais madriñeñas do 4-M e do espectáculo irresponsábel e neglixente que están a dar as forzas políticas españolas.
  comenta   0
Días atrás celebramos no Concello de Mondariz-Balneario unha homenaxe a Enrique Peinador Lines coa descuberta na Casa do Concello dunha placa que incorpora un Código QR para descargar a biografía do homenaxeado, con este texto: “A Enrique Peinador Lines no centenario da senlleira revista “Nós”. A súa achega foi un elo máis do seu labor de compromiso emprendedor transversal, modernizador e galeguista co País”. O acto foi promovido polo Foro E. Peinador e coordinado pola sempre eficiente Carme Vaquero que contou cos patrocinios do Concello e Secretaría Xeral de Política Lingúística.
  comenta   0
A Lobeira asistirá á proxección do clásico 'Galicia', obra de Carlos Velo na que participou o home da xeración Nós Xaquín Lorenzo.
  comenta   0
Nesta fin de outubro cumpríronse cen anos da saída do primeiro número da revista “Nós”, dirixida por V. Risco, con Castelao de director artístico e Ramón Cabanillas, Antón Lousada, Otero Pedrayo e López Cuevillas de redactores. A revista quitou 144 exemplares, sendo o derradeiro o de xullo de 1936. A enxurrada militar e fascista do verán de 1936 impediu novas edicións.
  comenta   0
«La libertad es un planeta gris, donde hay que vivir cada día con el objetivo de mantener el cielo lo más claro posible.» (Enrique Sáez Ponte, La libertad en el siglo XXI, Ed. Marcial Pons, 2019).
  comenta   0
A exposición 'Galicia, de Nós a nós' permanecerá na Cidade da Cultura ata o 17 de xaneiro como parte do ciclo do centenario da revista 'Nós'.
  comenta   0
Cando arde a serra é coma se ardese unha parte da casa, unha parte de nós, e nós ardemos con ela.
  comenta   0
O Día de Galicia é o momento de corresponsabilizarnos e comprometernos publicamente co noso futuro en común, fundamentado no legado milenario dos nosos devanceiros. É, de igual xeito, o momento de poñer en valor e amosar ao resto do mundo, e a nós mesmos, os alicerces que conforman o noso ser esencial, fraternal, solidario e universal.
  comenta   0
O Consello da Cultura Galega puxo en marcha o especial 'Nós: de onte a hoxe' para celebrar a aparición da publicación.
  comenta   0
Con textos de Xico Paradelo, en colaboración con Irene Veiga e Carlos Rafae, a obra ofrécenos un retrato do galeguismo dos anos 20, a Xeración Nós, a Guerra Civil e a represión ou a chegada da lingua ao mundo universitario.
  comenta   0
O Consello da Cultura Galega presenta 'Os quixotes da terra van de camiño', un proxecto para visibilizar o legado da Xeración Nós no seu centenario.
  comenta   0
O Covid 19 irrumpiu nas nosas vidas sen avisar e deixounos case espidos e indefensos. A súa chegada esnaquizou todos os plans que tiñamos para iste 2020 e veremos se a cousa queda neste ano ou vai pra moito máis adiante. E nós, inxénios e un chisco cretinos, pensabamos que eramos, por pentencer á vella Europa, os mellores do mundo mundial, e dimos contra unha realidade que nos meteu o medo no corpo.
  comenta   0
Erguerse sen saber en que día estamos empeza a ser algo moi normal. A rutina do confinamento forzoso pesa sobor de nós e o silencio, que se percibe nas rúas dende o corredor da casa, é demoledor e abafante. O reloxo da igrexa marca as horas, máis pola rúa non pasa ninguén pra cumprir coa súa rutina diaria ir visitar e levar unha flores ó Camposanto. Semella que estamos nun lugar un tanto fantasmagórico onde nada se move e onde o silencio é absoluto.
  comenta   0
“Somos nós, afinal, que nos desapoiamos, e é entre nós e nós que se fere a diplomacia da batalha surda” (O livro do desassossego, Fernando Pessoa).
  comenta   0
Don Miguel de Unamuno dicía que quen non ten recordos non ten esperanzas. Outro autor, que arestora non lembro, afirmou que os recordos existen – deformados ou non- e piden audiencia, foro propio, escenario no que se manifestar. No meu caso, ratifico as afirmacións expostas. A necesidade de termos un relato biográfico preciso e coñecemento da contorna física na que un botou raíces contribúen a mellorar a autoestima e vivir en harmonia co medio e a nosa historia. Por iso acudo con certa frecuencia aos eidos dos meus ancestros. Ali, a realidade circundante proporciónanme evocacións revitalizadoras.
  comenta   0
"Que é Galicia? Que nos caracteriza? Cales son os alicerces da cultura?" son algunhas das preguntas dun foro que analizará o "legado" da Xeración Nós no seu centenario.
  comenta   0
«E xuntáronse os deuses e os xuíces / confundíronse as momias e as estrelas, / formáronse galaxias e sentencias, / decretouse pra nós a morte negra.» (Profecía do mar, Bernardino Graña)
  comenta   0
«Qual de nós pode, voltando-se no caminho onde não há regresso, dizer que o seguiu como o devia ter seguido?» (O livro do dessasossego, Fernando Pessoa)
  comenta   0
“Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. (Manifesto da I Asemblea Nacionalista de Lugo; 18.11.1918.
  comenta   0
“Para nós ser galegos é a mellor maneira de ser universais” (Chano Piñeiro)
  comenta   0
Cando xa non quedan moitas xornadas do presente verán, ofrece un complexo pracer o acto de enumerar as explosións de luz que cada un de nós tivo a sorte de experimentar.
  comenta   0
Ana Pontón di que se presentarán como BNG se se repiten as xerais e anuncia que poderían cambiar os cabezas de lista.
  comenta   10
“Non me cabe a menor dúbida que algúns miles de nacionalistas conscientes non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era, simplemente por acreditar en que insería a suficiente dose de galeguismo na enxurrada poliédrica, televisiva e española de Podemos”, apunta. Acusa a En Marea de utilizar a “confusión e a trapallada”.
  comenta   69
Analizamos e comparamos as claves das propostas electorais das dúas plataformas políticas galegas de cara ó 20D.
  comenta   14
Todos din que hai que agardar ata o 20D para coñecer os resultados, aínda que tentan sacar os aspectos positivos das distintas enquisas. O PP di que gaña, o PSdeG que hai moitos indecisos, En Marea que superarán aos socialistas e o BNG que están “españolizadas”.
  comenta   3
O cabeza de cartel de Nós Candidatura Galega critica nesta entrevista a suposta operación mediática para instaurar un “bipartidismo” ao cadrado no Estado. Carlos Callón tamén avalía as enquisas, a suba de Ciudadanos, as diferencias con En Marea e o comentado vídeo da cachucha. Se tivese que votar para escoller presidente, promete impedir que goberne o PP ou Ciudadanos.
  comenta   33
Nun comunicado interno insta a súa militancia a intensificar os seus esforzos para convencer aos galegos para superar a “ocultación mediática”. Presenta un recurso perante o plano de cobertura da TVG e Radio Galega desta campaña electoral.
  comenta   14
Nunha declaración institucional, a central obreira aposta por unha alternativa galega propia que defenda a soberanía nacional, "unha voz, como foi a do nacionalismo galego representado polo BNG". “Depende de nós e só de nós”, di.
  comenta   27