Sánchez anuncia un acordo coa OTAN para non subir ao 5% o gasto militar de España

"Respectamos o desexo lexítimo doutros países de aumentar o seu investimento en defensa, se así o quixesen, pero nós non imos facelo" explica.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/06/2025 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou un acordo coa OTAN para non subir o gasto militar de España ata o 5% do Produto Interior Bruto (PIB): "Respectamos o desexo lexítimo doutros países de aumentar o seu investimento en defensa, se así o quixesen, pero nós non imos facelo". Un pacto que cualificou como "moi positivo" posto que permite "cumprir coa alianza transatlántica" e "preservar a súa unidade" sen incrementar o gasto en defensa.

Así se expresou despois de que o pasado xoves o líder do Executivo enviase unha carta ao secretario xeral da OTAN, Mark Rutte, na que lle trasladaba que España non podía comprometerse a aumentar o gasto en defensa ao 5% do PIB no cume da semana que ven e expúsosellele ou que ben se fixese unha excepción ou que o obxectivo sexa "opcional".

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, intervén durante unha sesión de control ao Goberno. Jesús Hellín
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, intervén durante unha sesión de control ao Goberno. Jesús Hellín | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta