As escritoras Marilar Aleixandre e Rosa Aneiros, e o expresidente da RAG, Xesús Alonso Montero, lembran a figura do homenaxeado do Día das Letras e analizan o impacto do 17 de maio e a situación do galego.
  comenta   0
Freixanes destaca as facetas do "inventor das Letras Galegas", ao que atribúe "a recuperación de Cunqueiro" para a literatura galega
  comenta   0
'Galician Programme' foi a primeira emisión radiofónica en galego e contou coa colaboración de Fernández del Riego.
  comenta   0
"Foi fideicomisario da vontade democrática de autogoberno truncada polo golpe de estado de 1936" di o presidente do Parlamento galego.
  comenta   1
A mostra divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra do autor. Con eles, repásase a traxectoria vital e biográfica para comprender quen foi, que deixou e que implica a súa figura.
  comenta   0
O vixiante observou que, baixo a camiseta, levaba outra mercadoría escondida, polo que a Policía procedeu á súa detención.
  comenta   1
As Irmandades da Fala constituídas en 1917, seis anos antes do pasamento de Manuel Murguía, fundador do nacionalismo galego, reivindicou a soberanía estética de Galicia como un dos obxectivos para impedir a desfeita do noso patrimonio arquitectónico, monumental e popular. Continuadores desa filosofía foron os intelectuais da Xeración Nós. O Partido Galeguista, fundado en 1931, incorporou ao seu programa o obxectivo das Irmandades, sendo o arquitecto Manuel Gómez Román o gran valedor da defensa dun estilo arquitectónico xenuinamente galego. Ramón Otero Pedrayo calificouno como o soñador das mil Compostelas para Galicia. As súas construcións espalladas pola xeografía galega e moitos proxectos inéditos que se conservan dan fé do aserto oteriano.
  comenta   0
Edicións Laiovento vén de publicar unha nova obra de Xosé Manuel Beiras titulada “ Retratos en fite”. Un libro no que o autor confesa admiración polo “Libro dos amigos” de Ramón Otero Pedrayo, que recolle a memoria dun fato de amigos cos que partillou militancia galeguista.
  comenta   0
A Academia galega completa a dixitalización de publicacións propias con 177 títulos editados.
  comenta   0
Entre os anos 1996 e 2000, traballei na miña primeira obra. Trátase dunha biografía novelada sobre Rosalía de Castro. Para completala, investiguei en varios arquivos e falei con numerosas persoas. A novela permanece inédita, pero un resultado colateral da investigación foi que puiden poñer na luz dous poemas inéditos da cantora do río Sar e un libro inédito do seu amigo e mentor, o poeta compostelán Aurelio Aguirre Galarraga.
  comenta   0
Tantas lecturas decepcionan, e tantos libros caen das mans, que talvez non está de máis compartir cos lectores de Galicia Confidencial unha literaria maleta de viaxe.
  comenta   0
"Un dos embaixadores da cultura con maiúsculas, persoa altamente capacitada, cunha memoria prodixiosa, enciclopédica; un orgullo para todos nós", sinalou o presidente da Deputación de Ourense.
  comenta   0
Lonxe da imaxe de "miña xoia" que se trasladou dela, Virxinia Pereira foi unha gran defensora do país e da lingua, chave na loita antifascista e galeguista. Eis un bocado da súa historia.
  comenta   0
Esta publicación foi coordinada polo académico Henrique Monteagudo, con textos editados por Patricia Arias Chachero, Adrián Estévez Iglesias e Nélida Cosme e con numerosas notas que buscan ofrecer contexto ao diálogo entre os históricos galeguistas.
  comenta   0
Nesta fin de outubro cumpríronse cen anos da saída do primeiro número da revista “Nós”, dirixida por V. Risco, con Castelao de director artístico e Ramón Cabanillas, Antón Lousada, Otero Pedrayo e López Cuevillas de redactores. A revista quitou 144 exemplares, sendo o derradeiro o de xullo de 1936. A enxurrada militar e fascista do verán de 1936 impediu novas edicións.
  comenta   0
Xa son 51 as aulas pechadas e dous os centros totalmente clausurados. Nesta mesma xornada, Galicia rexistrou o número de casos activos máis alto da historia.
  comenta   3
A exposición 'Galicia, de Nós a nós' permanecerá na Cidade da Cultura ata o 17 de xaneiro como parte do ciclo do centenario da revista 'Nós'.
  comenta   0
Alumnos de Carvalho Calero en Lugo e Santiago lembran o seu paso polas aulas do docente, que abriu as súas mentes ao mundo que os rodeaba.
O Consello da Cultura Galega presenta 'Os quixotes da terra van de camiño', un proxecto para visibilizar o legado da Xeración Nós no seu centenario.
  comenta   0
"Que é Galicia? Que nos caracteriza? Cales son os alicerces da cultura?" son algunhas das preguntas dun foro que analizará o "legado" da Xeración Nós no seu centenario.
  comenta   0
Se tivera que definir o nosa década, definiríaa como a década do youtube. Cando alguén quere saber máis sobre un tema acode pronto ao youtube, tanto ten se o obxecto da investigación é un filósofo ou un concepto médico, unha dúbida económica ou un está aburrido e quere matar as horas. Youtube é un verdadeiro mundo social virtual, no que a xente volca contido de toda forma e tipo. Dende os youtubers de hoxe aos vellos arquivos históricos, en forma de video que son proba gráfica do devalar dos tempos e das xentes.
  comenta   0
A obra gañadora, que se levou seis dos 10 votos do xurado, foi seleccionada por explicar a historia da humanidade dunha "maneira non complexa".
  comenta   0
As autoridades autonómicas organizarán para o 2020 os cen anos en que Castelao, Cuevillas ou Otero Pedrayo entre outros, quixeron dignificar a lingua e cultura galegas. A cidade central será Ourense de onde viñan boa parte dos membros desta Xeración.
  comenta   0
Esta entidade presenta un informe tras analizar os libros de lingua e literatura de ESO e Bacharelato e denuncia a presenza de contidos e expresións “de innegable significado nacionalista”. Entre os autores que pon no punto de mira por "dispar calidad literaria" están Chus Pato. Tamén fala de Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Castelao, Manuel María, Méndez Ferrín –“detenido por pertenencia a banda armada”–, María Xosé Queizán, Manuel Rivas ou Víctor Freixanes, actual presidente da RAG. Tamén critica os textos de xornais en galego que recollen algúns destes libros, entre eles, algúns do Galicia Confidencial.
  comenta   36
Un polémico tuit sobre a orixe do termo Compostela como "depósito de restos humanos en descomposición" desata a polémica.
  comenta   4
O autor recoñecido este ano é unha figura que, se ben pertenceu ao Partido Galeguista, non foi nin moito menos o persoeiro que máis se lle escoitou loitar contra o franquismo, pero é a mostra de que non facía falta facelo para sufrir as consecuencias de vivir nunha ditadura.
  comenta   0
Santiago de Compostela acollerá en xuño a Feira Internacional da Economía Rural Alternativa (Ficrural). Para presentala houbo representación do Concello de Santiago e da Deputación de A Coruña
  comenta   0
"Por dereito propio, merece un posto destacado na historia da lingüística galega anterior a 1962", defende Xosé A. Fernández Salgado, profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina na Universidade de Vigo, que revela oito cartas de Dámaso ao galeguista Ramón Otero Pedrayo.
  comenta   0
Cando acudo a miña casa familiar en Mourigade sempre descubro que aquelas profundas raiceiras espertan en min lembranzas vellas, que sempre tiveron unha influencia decisiva na formación do meu pensamento. A paisaxe que a arrodea atesoura historias individuais e colectivas. As súas terras teñen tantos nomes como ferrados ten o territorio. Non hai un baldío que non teña cadansúa denominación propia.
  comenta   0