O 'Álbum de Galicia' incorpora a Branca Jiménez Alonso, impulsora da Biblioteca Penzol xunto ao seu marido Fermín

A Fundación Penzol constituíuse no momento no que a parella entregou a gran biblioteca que formaran á editorial Galaxia, no 1963.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2024 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O 'Álbum de Galicia', colección de biografías dixital do Consello da Cultura Galega (CCG), sumou o perfil de Blanca Jiménez Alonso (Ribadeo, Lugo 1926 - A Coruña 2012), quen foi impulsora da Biblioteca Penzol xunto ao seu marido Fermín, cuxo apelido dá nome a esta entidade. Ambos compartían unha gran paixón polos libros, a cal os levou a conformar unha das bibliotecas "máis completas en temática galega".

"Foi unha moza inquieta e sociable", así como una "unha gran lectora, que prefería os libros de filosofía, antropoloxía, historia e arte ás novelas", descríbena as autoras da súa biografía, María Dolores Cabrera e Patricia Arias. Jiménez Alonso aprobou, con 19 anos, o exame de Estado na Universidade de Oviedo e, posteriormente, cursou estudos de maxisterio no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

Coñeceu ao que sería o seu marido a mediados dos anos 40 e integrouse no seu "núcleo de amizades", explican as autoras, de maneira que estableceu relacións con Ramón Piñeiro e Isabel López ou Domingo García-Sabell e Teresa Tormo, entre outros. Así mesmo, Blanca Jiménez tivo contacto con autores como Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ánxel Fole, ao participar en reunións e faladoiros xunto ao Penzol.

Durante todos eses anos, ambos formaron unha gran biblioteca que entregan, en vida, á editorial Galaxia formalmente en 1963, momento no que se constitúe a Fundación Penzol, da que Blanca Jiménez chegaría a ser a súa presidenta. Blanca Jiménez implicouse activamente na fundación despois do falecemento do seu marido. En 1997 foi recoñecida cun dos premios 'Galegas Destacadas', outorgado pola asociación de mulleres Diálogos 90. Ademais, recibiu en 2002 a Medalla Castelao que concede a Xunta.

O 'Álbum de Galicia' incorpora a Branca Jiménez Alonso. CONSELLO DA CULTURA GALEGA
O 'Álbum de Galicia' incorpora a Branca Jiménez Alonso. CONSELLO DA CULTURA GALEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta