Recoñecen a traxectoria de Menchu Lamas e Rosario Álvarez nos Premios Otero Pedrayo

A Deputación de Pontevedra loa así o traballo da artista e da promotora da lingua.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/12/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A cultura, as artes e a lingua protagonizaron este sábado na Deputación de Pontevedra a gala de entrega dos Premios Otero Pedrayo 2021, cos que a institución recoñeceu á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e á artista plástica Menchu Lamas.

O Pazo provincial acolleu a cerimonia, da que informou a institución nun comunicado, e que estivo presidida pola presidenta da Deputación, Carmela Silva. Alí, estivo acompañada por representacións das deputacións galegas, das universidades, da Xunta, dos presidentes da Real Academia Galega, Victor Freixanes, e da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López.

Tras unha recepción e asinar no Libro de Honra da institución, Rosario Álvarez e Menchu Lamas foron homenaxeadas coas tradicionais loas. Rosario Sarmiento, xestora cultural e comisaria artística que puxo en valor que con Mechu Lamas se recoñeza por primeira vez nestes premios o traballo dunha artista plástica galega.

Pola súa banda, a escritora Fina Casalderrey destacou de Rosario Álvarez o feito de ser tantas veces pioneira na proxección da lingua galega, a "María Moliner galega e moito máis, é referente imprescindible no estudo e investigación científica da lingua".

Os Premios Otero Pedrayo recoñecen a traxectoria de Menchu Lamas e Rosario Álvarez na Deputación de Pontevedra. DEPUTACIÓN
Os Premios Otero Pedrayo recoñecen a traxectoria de Menchu Lamas e Rosario Álvarez na Deputación de Pontevedra. DEPUTACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta