Un acróbata da orquestra Olympus cae do alto do escenario na Festa da Lamprea de Arbo

Segundo explicou a grupo nun comunicado, "todo quedou nun susto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2022 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

Un acróbata da orquestra Olympus caeu do alto do escenario mentres realizaba un número durante a actuación, esta pasada noite, na Festa da Lamprea de Arbo. Segundo relataron testemuñas presenciais, o acróbata precipitouse cando se atopaba a varios metros de altura.

Aínda que no momento o home quedou inmóbil no chan, provocando desasosego entre compañeiros e asistentes á festa, a orquestra confirmou esta mañá mediante un comunicado publicado nas súas redes sociais, que "todo quedou nun susto" e que o estado do acróbata é "favorable".

No mesmo, a agrupación agradece ao persoal sanitario presente na verbena, a protección civil, á organización da festa e ao propio alcalde "a súa axuda, empatía e comprensión". "Só nos queda dicir que sen ningunha dúbida e con todas as nosas forzas desexámoslle ao noso compañeiro unha pronta recuperación e dicirlle que neste equipo estamos sempre unidos nas boas e nas malas. O show debe continuar", concluíu a formación o seu comunicado.

Christian Piñeiro sobre o escenario da orquestra Olympus.
Christian Piñeiro sobre o escenario da orquestra Olympus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta