Rebeca Baceiredo presenta 'E meterei a miña Lei no seu peito'

Este mércores 26 ás 20h na libraría Couceiro, en Compostela, e o venres 27 á mesma hora no claustro de San Francisco en Ourense, Rebeca Baceiredo presenta 'E meterei a miña Lei no seu peito'. Nos dous actos estará acompañada por Carlos Areán e a música de Javier Turnes da Bakin' Blues Band, ademais dun membro de Estaleiro Editora.

Por GC Tendencias | Santiago | 25/06/2014 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Rebeca Baceiredo
Rebeca Baceiredo
Rebeca Baceiredo

Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC e realizou estudos de doutoramento en Filosofía na mesma universidade. É autora dos libros O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo (Galaxia, premio Ramón Piñeiro de ensaio, 2006), (repeat to fade), (Estaleiro Editora, 2011) e o recente A revolución non vai ser televisada (Ed. Euseino?, premio da AELG ao mellor ensaio, 2013).

Baceiredo reaparece na paisaxe do pensamento galego con E meterei a miña Lei no seu peito, un libro híbrido a medio camiño entre o pensamento e a ficción, no que "a partir do fluír de dúas cancións de Tom Waits e Nick Cave se propoñen dous itinerarios de lectura a modo de caras A e B do disco da vida."

552139_396151673825712_999837618_n

Portada de 'E meterei a miña Lei no seu peito'

E meterei a miña Lei no seu peito
E meterei a miña Lei no seu peito
portada
portada
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta