Temas: XUBILACIóN BNG

O BNG pide equiparar no complemento para a redución da fenda de xénero aos xubilados de clases pasivas

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha emenda de modificación ao Proxecto de Lei.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/04/2022 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha emenda de modificación ao Proxecto de Lei polo que se adoptan medidas para a redución da fenda de xénero e outras materias nos ámbitos da Seguridade Social e económico para equiparar no acceso a este complemento aos funcionarios das clases pasivas que se lle conceda, con independencia de se accede á xubilación de forma voluntaria ou obrigatoria.

Néstor Rego
Néstor Rego | Fonte: BNG.

Tal como indicou o BNG, no caso da xubilación do réxime xeral, poden acceder a este complemento as persoas que se xubilan de forma anticipada, pero esta posibilidade non se prevé para os xubilados de clases pasivas.

Segundo explica o Bloque, este novo complemento, que xa está en vigor, substitúe o anterior por maternidade, e concédese, con carácter xeral, ás mulleres que teñen dereito a unha prestación contributiva, que recibirán unha contía anual por cada fillo que tivesen ata un límite de catro.

Os homes poderano recibir nalgunhas circunstancias, pero a súa finalidade é reducir a diferenza na cota das pensións, por iso as principais destinatarias son as mulleres.

"Existen sectores en Galicia que se verán prexudicados por esta clara discriminación, por exemplo, a práctica totalidade das xubilacións anticipadas no profesorado galego son actualmente clases pasivas, polo que ningunha docente que se acolla á xubilación anticipada poderá incorporar este novo complemento reductor da brecha de xénero", lamentou Rego.

O réxime de clases pasivas do Estado é aquel específico de protección fronte aos riscos de vellez, incapacidade, morte e superviviencia aplicable en España a certos funcionarios públicos do Estado que accederon ao servizo público antes de 2011.

Temas: XUBILACIóN BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta