Que nivel de galeguización terá Abanca?

A Mesa dirixirase ao novo banco para que asuma os compromisos adquiridos por Caixa Galicia e Caixanova para poder utilizar o galego en todos os seus contratos e servizos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/06/2014 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Manterá Abanca o seu compromiso co galego?. Esa é unha das preguntas que se ten feito a Mesa pola Normalización Lingüísitica que agarda que non haxa retrocesos en igualdade lingüística como os que sufriu Novagalicia Banco desde que os Estado se fixera co seu control. 

Abanca, o banco herdeiro das antigas caixas galegas
Abanca, o banco herdeiro das antigas caixas galegas | Fonte: AD

Por iso, esta entidade confía en que a nova etapa que comeza Abanca recupere o compromiso de respectar os dereitos lingüísticos da súa clientela. Neste sentido, a asociación en defensa do idioma faralle chegar estas demandas “de igualdade real do galego tamén nas finanzas” á dirección da nova entidade: “O Galego debe ter, como lingua propia de Galiza que é, como mínimo, o mesmo trato que o castelán, e a nova banca debe garantir o dereito de calquera cliente de recibir toda a documentación e todos os servizos na súa lingua”, sinalan desde este colectivo.

Así, lembra que xa tiveron que denunciar os “numerosos pasos atrás” que a entidade anterior levara a cabo en relación co uso do galego e coa garantía de atención nesta lingua, deixando de disponibilizar en galego parte dos seus servizos e modelos de contrato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Ramón Gallego

Na súa modélica comunicación corporativa, ABANCA convocou o mesmo 30 de xuño á maña aos seareiros da OSG nun concerto da nosa orquestra na mesma noite e a xeito de lanzamento do seu compromiso coa cultura galega, malia ca o programa do devandito concerto fica na súa totalidade en CASTELÁN. Mesmamente na benvida dos donos do banco se utilizar a forma deturpada no que ao nome da cidade da Coruña refire, o emprego do artigo LA ven a ser un vello remorso do rexio rexedor la, la la la. Máis pra o remate e ao respecto do repartimento das invitacións, ben o farían coller o costume da finada C&G e manter unha cantidade das mesmas ao dispor da xente a pé de rúa. Inda ten moito que medrar no eido da reputación no que as relacións coas persoas refire.

1 Identificada a Casta

A Mesa tamen podia pedirlle ao BNGuai que solicite os seus recibos en galego (os usuarios podiamos facelo, antes de dar de baixa a miña conta na ciaxa de bandidos eu mesmo sempre recibia en galego as comunicacions). Os recibos que Lobeira presentou estaban en castelan... E falando de cartos, vai pedirlle Vence ao seu sogro, Camilo Nogueira, que devolva os cartos da Sicav do Parlamento Europeu? Non se enterou da sua participacion (nos recibos que chegan cada tres meses pon SICAV ben clariño! Canta farsa na casa e nos politicos da casta, eles poñian un euro e nos (os paganos) tres para a sua conta, e por riba Sicav... Pillados unha vez mais BNGuais, xunto a UPyD, IU, CiU, PNV, PP e PSOE.

1 Populismo berce de fascismo

Vós non sodes caste, sodes A CASTE. Segundo unha recente enquisa de Sondaxe, 2 de cada 10 de votos de Podemos en Galiza veñen do PP. Sumalles os do SOE, gafapastas e pagafantas cibernéticos despistados de baixo nivel político., e saen as contas. As poboacións de Euskadi e Catalunya son en sua maioria favorables a independencia, pronto serán mais, e a vosa cova de ladróns e "puticortijo" bananeiro chamado Expaña irase a tomar polo o"rto". A caste é un termo da ultradereita populista italiana, termo populista que agacha os verdadeiros culpables da crise. Ou crees que os que dan os sobres fan altrustamente? Podemos é populismo expañol de prometer o imposible, sendo sabedores de que é imposible dentro do sistema. Quén paga ao 2º de Podemos, Santiago Alba Rico gran muftí de Tunez? porque eso de apoiar todas as invasións de latrocinio petroleiro do imperialismo, tufa mal.

2 Casta

Imposible? Que pronto vos rendides aos praceres da politica de partido os sistemicos! Moitas propostas do Bloque e de IU son moi dificiles (nin Beiras nin Vence, en Via V, foron capaces de explicar -economistas laureados- a autosuficiencia de Galiza independente), verdade? Mais non imposibles, salvo que sexades uns falabaratos que poñedes a prioridade en manter o chiringuito (lease UPG ou PCE): politicos vitalicios, control dos movementos sociais (sindicatos, asociacions... falsamente independentes), colocando amigos, con xubilacions douradas, con viaxes en primeira, recibindo cheques de Vendex... Semella que hai outros mais preocupados que o PPSOE polo ascenso de Podemos e a apaicion de outros. Si, o BNG e IU, que usan os argumentos da dereita mediatica, tan contaxiados... Non, non todos somos sistema, nin queremos participar das regalias dos que vos vendestes.

3 Populismo berce de fascismo

Imposible non hai nada cando tes determinación e soberanía. Para min o importante é avanzar na autoestima e independencia. Algo que non pode vir de Podemos (Pablito xa afirmou que lle gostaría unha Catalunya unida a España). Considero a todos os grupos sistémicos, que viven e traballan pro sistema). Podemos, pior, porque crean falsas esperanzas e reviven o bipartito hexemónico . Cal das propostas keynesianas de Podemos ves factible dentro do capitalismo globalizado actual? Fora fronteiras e papeis para todos? renda básica persoal, nun estado arruinado? investimentos e empregos públicos, sen valor engadido dos investimentos? As mafias troikas, oligarquías financieiras que gobernan verdadeiramente, van devolver o poder aos estados, pedindollo, asi, polas boas? negarse a pagar a debeda ilexitima sen medir as consecuencias? ti falas de revolución e socialismo, Podemos é populismo.

4 Casta

Primeiro, eu falo de decencia (por iso pregunto dse Camilo Nogueira vai devolver o trincado, ou se o BNG vai facer a sua parte para galeguizar os recibos, pois a Mesa -xa se sabe- non lle esixe o mesmo aos da casa que aos de fora). Do resto, xa sabes, estou esperando que Jorquera, Olalla, Ponton, Miranda, Beiras, Yolanda, Llamazares... deixen paso a xente nova, renunciando a perpetuarse na politica. Espero sentado. Non semella o lugar, mais esta explicado abondo temas como a renda basica (tamen pola CIG). Finalmente, non sei se Podemos sera a alternativa, pero si sei o que ficou nunha farsa (BNG e IU). Non teñas medo ao descoñecido. Non hai receita segura, so sabemos que as vellas non serven para os tempos de hoxe.

5 Un vello galeguista

Penso que cando PODEMOS pon tan nerviosos aos da dereita e aos da esquerda é porque algo novo trae que lles molesta. Populismo, tal vez, pero que partido non é populista, utópico,...A utopia non é o imposible senón a polar pola que hai que pular. Xa peiteo ruzas tempos ha, pero penso que agora PODEMOS facer algún cambio neste asqueroso patio de trileros. Saúdos