Galicia iniciará "de forma inmediata" os traballos para reorientar a estratexia aeroespacial

Galicia ten 115 centros de traballo xa dedicados ao sector da defensa e a seguridade, pero a Xunta estima "que nos próximos anos unhas 150 empresas teñan potencial para incorporarse a este ámbito industrial".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2025 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, indicou que a Xunta iniciará "de forma inmediata" os traballos para reorientar cara aos ámbitos da seguridade e a defensa a estratexia aeroespacial de Galicia. Nunha visita a Urovesa, a conselleira considerou "clave" este sector e destacou que a comunidade galega ten "moitísimo potencial" nel, pola industria e o coñecemento desenvolvidos en territorio galego.

"Vainos a permitir nos próximos anos continuar potenciándoo, de aí o anuncio que fixo o presidente Rueda no debate do estado da autonomía de que imos comezar os traballos de forma inmediata para aprobar unha estratexia aeroespacial, pero no ámbito da seguridade e a defensa, pensando precisamente que empresas do sector da automoción, do naval, do metal e mesmo das TIC e a loxística poden ter tecnoloxías duais que se integren e teñan oportunidades dentro da defensa e a seguridade", resaltou.

Respecto diso, lembrou que Galicia ten, segundo os seus datos, 115 centros de traballo xa dedicados ao sector da defensa e a seguridade pero a Xunta estima "que nos próximos anos unhas 150 empresas teñan potencial para incorporarse a este ámbito industrial". Ademais, lembrou que Urovesa, cunha facturación que rolda os 100 millóns de euros, calcula que vai poder incrementar os pedidos un 50 % nos próximos dous anos. "E é unha empresa tractora que vai precisar de moitas outras e vai ser clave nese desenvolvemento desta estratexia na comunidade", concluíu.

A Conselleira De Economía E Industria, María Jesús Lorenzana, En Declaracións Aos Medios No Parlamento
A Conselleira De Economía E Industria, María Jesús Lorenzana, En Declaracións Aos Medios No Parlamento | Fonte: CÉSAR ARXINA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta