Falece un home en Agolada após envorcar o tractor que manexaba

O corpo sen vida da vítima estaba atrapado baixo o vehículo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2022 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Un home faleceu este sábado pola noite no municipio pontevedrés de Agolada após envorcar nunha leira o tractor que manexaba. Segundo informa o 112, o suceso tivo lugar ás 23,30 horas do sábado, cando alertou un particular que localizara o vehículo agrícola envorcado nun predio.

Tractor sementa patacas no concello coruñés de Coristanco. EP
Tractor sementa patacas no concello coruñés de Coristanco. EP | Fonte: REMITIDO - Arquivo

Indicou que se atopaba na parroquia de Ventosa, preto na PO-212, onde se aparta cara ao río. Con estes datos, o persoal do 112 enviou os avisos necesarios tanto aos Bombeiros do Deza, como aos membros do GES de Lalín, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do home.

Pola súa banda, os efectivos do parque comarcal e do Grupo Supramunicial de Emerxencias ocupáronse de rescatar o corpo sen vida do home, que estaba atrapado baixo o vehículo. Neste operativo, tamén colaboraron os axentes da Policía Local e da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta