¿Por que as etapas da Volta comezarán en concellos gobernados polo BNG e PSOE?

Tamén o PP critica que as etapas da Volta a España que comezan en Galicia o fan en concellos gobernados polo PSOE e o BNG. Nunha iniciativa presentada o pasado mes denuncian esta situación e piden explicacións á Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/08/2007 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

PILAR ROJO NOGUERA e MANUEL S. RUIZ RIVAS, deputada e

deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Pregunta para a súa resposta Oral en Comisión:

Nestes últimos días tivemos coñecemento a través dos medios de

comunicación, de que van a ser varios os concellos galegos cun

certo protagonismo na saída da Vuelta Ciclista a España 2007; en

concreto, ademais da anunciada saída na cidade de Vigo, os

concellos de Allariz, Santiago de Compostela e Viveiro, van a ter

un papel relevante na referida competición.

Pero non deixa de ser certamente sorprendente, o feito de que

todos os concellos citados están gobernados polo BNG ou polo

PSOE, e ningún polo PP, a pesares de ser este último o partido

político que mais concellos goberna en Galicia.

Deixando claro que o Partido Popular non comparte en absoluto a

politización que do deporte se está tentando facer dende a

Consellería de Cultura e Deporte, si o que se pretende e dar

protagonismo ós concellos galegos, e por ende a Galicia, nunha

competición de tanta importancia no panorama deportivo nacional,

e dado que non se necesita de ningún requisito especial que poida

ser motivo de rexeitamento dun concello para participar neste

evento, non se entende que non haxa representación dalgún

gobernado polo partido maioritario en Galicia, a pesares que neste

momento o Partido Popular está a gobernar en mais de 160

concellos da nosa comunidade, co que iso supón de

representación do pobo de Galicia.

Polo tanto, estes deputados queren preguntarlle ao goberno:

1.- ¿Cales son as razóns deportivas que levaron a seleccionar

ós concellos de Vigo, Allariz, Santiago de Compostela e

Viveiro, para participar na saída da Vuelta Ciclista a España

2007?

2.- ¿Se tivo en conta algunha outra circunstancia para

seleccionar os devanditos concellos?

3.- ¿Na selección dos concellos, se tivo en conta a opinión da

organización da Vuelta Ciclista a España, ou foi unha

decisión exclusiva da Xunta de Galicia?

4.- ¿Preguntóuselles ós distintos concellos galegos o seu

interese en participar?

5.- ¿Qué cantidade deben aportar cada un dos concellos

referidos?

6.- ¿Qué cantidade aporta a Xunta de Galicia á saída da Vuelta

Ciclista a España?

7.- ¿Qué contrapartidas recibirá Galicia como consecuencia

desa inversión? ."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

44 Oscar

¡non!¡Volve! :(

43 Juan Español

42 XYZ

Estou totalmente de acordo con sacho dourado.

41 anxo

Identificas moi ben as cagarrías mentales estgevo ¿será que che son moi próximas? Pero non creo que no cerebro, ahí non tes nada, nin cagarría. Deixa as ofensas de unha vez portuguesito

40 sacho dourado

Eu aclaro logo pensade o que queirades. Estou de acordo con que Vigo é a capital do ciclismo en Galicia. Desde logo é a que máis a coidou de sempre e toda a periferia de Vigo tamén. É unha evidencia que Corina Porro era alcaldesa de Vigo, pero sabes perfectamente que a Vuelta co PP non pasab por Galicia desde hai moitos anos, así que non lle apuntes ningún mérito político a esa xestióna Corina.

Dito isto, tamén digo que Santiago Domínguez xa sabía daquela, en novembro de 2006, que estaba no cartel para ser candidato a alcalde de Vigo. Se non se quere recoñecer non é o meu problema. Non cuestiono o que algúns escriben aquí. Eu so constato cousas que sei de primeira man.

Así que promoción persoal de Santiago Domínguez toda a do mundo. É máis utilizou a dirección xerral para promocionarse claramente. Iso é outra verdade, pero acepto que algúns a critiquen porque vexo moito apaixoamento e no apaixoamente non hai obxectividades.

Estou de acordo que é forzado o debate e comparto que quizáis non é moi afortunado promovelo pero se vos fixades algo de polémica hai cando se poden ler moitas mensaxes sobre o tema.

Aquí non hai cagaleiras mentais hai cuestións a debate e respostas. O que falta é respeto sobre todo cando se len cousas que non se comparten.