¿Por que as etapas da Volta comezarán en concellos gobernados polo BNG e PSOE?

Tamén o PP critica que as etapas da Volta a España que comezan en Galicia o fan en concellos gobernados polo PSOE e o BNG. Nunha iniciativa presentada o pasado mes denuncian esta situación e piden explicacións á Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/08/2007 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

PILAR ROJO NOGUERA e MANUEL S. RUIZ RIVAS, deputada e

deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Pregunta para a súa resposta Oral en Comisión:

Nestes últimos días tivemos coñecemento a través dos medios de

comunicación, de que van a ser varios os concellos galegos cun

certo protagonismo na saída da Vuelta Ciclista a España 2007; en

concreto, ademais da anunciada saída na cidade de Vigo, os

concellos de Allariz, Santiago de Compostela e Viveiro, van a ter

un papel relevante na referida competición.

Pero non deixa de ser certamente sorprendente, o feito de que

todos os concellos citados están gobernados polo BNG ou polo

PSOE, e ningún polo PP, a pesares de ser este último o partido

político que mais concellos goberna en Galicia.

Deixando claro que o Partido Popular non comparte en absoluto a

politización que do deporte se está tentando facer dende a

Consellería de Cultura e Deporte, si o que se pretende e dar

protagonismo ós concellos galegos, e por ende a Galicia, nunha

competición de tanta importancia no panorama deportivo nacional,

e dado que non se necesita de ningún requisito especial que poida

ser motivo de rexeitamento dun concello para participar neste

evento, non se entende que non haxa representación dalgún

gobernado polo partido maioritario en Galicia, a pesares que neste

momento o Partido Popular está a gobernar en mais de 160

concellos da nosa comunidade, co que iso supón de

representación do pobo de Galicia.

Polo tanto, estes deputados queren preguntarlle ao goberno:

1.- ¿Cales son as razóns deportivas que levaron a seleccionar

ós concellos de Vigo, Allariz, Santiago de Compostela e

Viveiro, para participar na saída da Vuelta Ciclista a España

2007?

2.- ¿Se tivo en conta algunha outra circunstancia para

seleccionar os devanditos concellos?

3.- ¿Na selección dos concellos, se tivo en conta a opinión da

organización da Vuelta Ciclista a España, ou foi unha

decisión exclusiva da Xunta de Galicia?

4.- ¿Preguntóuselles ós distintos concellos galegos o seu

interese en participar?

5.- ¿Qué cantidade deben aportar cada un dos concellos

referidos?

6.- ¿Qué cantidade aporta a Xunta de Galicia á saída da Vuelta

Ciclista a España?

7.- ¿Qué contrapartidas recibirá Galicia como consecuencia

desa inversión? ."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

39 estevo das estrivadas

Sego a pensar que o que hai é unha "cagarría mental", o falar non ten cancelas. Fálase, escrébese, sen ter puñeteira idea das cousas.

Só teño que ler as sandeces que se escriben contra o nacionalismo, dentro da paranoia esquizoide españolista, este artigo sobre a volta ciclista a "España" é proba delo.

Así queos inicios e os remates na Galiza se fai por mor do BNG, cando, como alguen ben dixo antes, se puxo Vigo no itinerario gobernaba precisamente o PP.

Cal dos nacionalistas españoleiros é mais patriota? (desde logo, aquel que critique máis aos nacionalismos perfiféricos).

38 gaius

Pois que queres que che diga Sacho Dourado, eu non vexo ningunha intención de promoción persoal, excepto que lle chamemos a eso o feito que 3 etapas discurran por territorio galego.

Paréceme bastante forzada que unha etapa saia de Allariz, iso si, como me parece lóxico que outra saia en Vigo (a cidade máis poboada e con máis aficción ó ciclismo), ademais cando estaban a negociar Corina era alcaldesa, e inda non era seguro que Santi Domínguez fose candidato á alcaldía. Por outra banda, que pase por Santiago a volta é lóxico é a capital...

37 anxo

oie, perdoa, non vou a permitir ofensas, de cagaleira mental nada, respeta si queres que te respeten, xa non che pido educación, sio e para privilexiados polo que vexo.

36 sacho dourado

A ver. As cousas se se queren ver con obxectividade son así. As etapas da Voltaacordáronse en novembro de 2006. Uns meses antes de que se convocaran os comicios das municipais e de saberse os seus resultados. Hai que lembrar que o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, anunciou que ía ser candidato á alcaldía de Vigo polo BNG en febreiro. Desde que chegara ó cargo, en agosto de 2005, repetiu en múltiples ocasións que quería unha saída da Vuleta desde Vigo. En nnovembro de 2006 xa se coñecían as conversas do director xeral xoa xente da Vuelta, aí están os medios de comunicación para facer as comprobacións, e os seus acordos ían encamiñados a saída da Vuleta desde Vigo (onde el se presentaba a alcalde polo BNG), outra etapa desde Allariz, onde mandaba o seu xefe é o lugar onde vive -o señor Quintana- e con chegada en Santiago onde gobernaba el o deporte galego. Logo os resultados electorais determinaron outra cousa, pero nada teñen que ver os resultados e o mapa político que resultou das municipais coa Vuleta xa que todo se decidiu seis meses antes de seren convocadas.

Así que dito isto, hai que subliñar que Santiago Domínguez utilizou a Vuelta para a súa promoción persoal. Ademais non debemos esquecer que antes de coñecerse o resultado electoral e, e por tanto, co mapa político vello na man, deliberadamente e descaradamente saltáronse as vilas nas que gobernaba o PP.

Non hai nada máis rastreiro que a utilización do deporte con fins políticos e pretender que a xente non se entere do que pasou realmente.

Tamén digo que a min que me gusta o ciclismo aplaudo a decisión de que a Vuelta volvese a Galicia despois de moito tempo sen aparecer por aquí.

Non deixedes que vos manipulen e informadevos ben das cousas antes de contar bulos pola rede. E sobre todo ós manipuladores, deixade xa de manipular. Moito criticar a xente de antes pero non vexo que todas as críticas feitas ós de antes serviran para algo. Agoro vexo que cambairon os colares e seguen as mesmas formas de sempre. Estúpidos aquelles e estúpidos estes. A política ensucia as mentes dos manipuladores e pretenden que esa merda nola traguemos os demais. Eu polo menos non. A min xa non me enganan nin os da dereita, nin os da esquerda nin os do medio. A la vos se vos deixades.

País!!!

35 estevo das estrivadas

Si Anxo, segue co teu propia cagaleira mental.