¿Por que as etapas da Volta comezarán en concellos gobernados polo BNG e PSOE?

Tamén o PP critica que as etapas da Volta a España que comezan en Galicia o fan en concellos gobernados polo PSOE e o BNG. Nunha iniciativa presentada o pasado mes denuncian esta situación e piden explicacións á Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/08/2007 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

PILAR ROJO NOGUERA e MANUEL S. RUIZ RIVAS, deputada e

deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Pregunta para a súa resposta Oral en Comisión:

Nestes últimos días tivemos coñecemento a través dos medios de

comunicación, de que van a ser varios os concellos galegos cun

certo protagonismo na saída da Vuelta Ciclista a España 2007; en

concreto, ademais da anunciada saída na cidade de Vigo, os

concellos de Allariz, Santiago de Compostela e Viveiro, van a ter

un papel relevante na referida competición.

Pero non deixa de ser certamente sorprendente, o feito de que

todos os concellos citados están gobernados polo BNG ou polo

PSOE, e ningún polo PP, a pesares de ser este último o partido

político que mais concellos goberna en Galicia.

Deixando claro que o Partido Popular non comparte en absoluto a

politización que do deporte se está tentando facer dende a

Consellería de Cultura e Deporte, si o que se pretende e dar

protagonismo ós concellos galegos, e por ende a Galicia, nunha

competición de tanta importancia no panorama deportivo nacional,

e dado que non se necesita de ningún requisito especial que poida

ser motivo de rexeitamento dun concello para participar neste

evento, non se entende que non haxa representación dalgún

gobernado polo partido maioritario en Galicia, a pesares que neste

momento o Partido Popular está a gobernar en mais de 160

concellos da nosa comunidade, co que iso supón de

representación do pobo de Galicia.

Polo tanto, estes deputados queren preguntarlle ao goberno:

1.- ¿Cales son as razóns deportivas que levaron a seleccionar

ós concellos de Vigo, Allariz, Santiago de Compostela e

Viveiro, para participar na saída da Vuelta Ciclista a España

2007?

2.- ¿Se tivo en conta algunha outra circunstancia para

seleccionar os devanditos concellos?

3.- ¿Na selección dos concellos, se tivo en conta a opinión da

organización da Vuelta Ciclista a España, ou foi unha

decisión exclusiva da Xunta de Galicia?

4.- ¿Preguntóuselles ós distintos concellos galegos o seu

interese en participar?

5.- ¿Qué cantidade deben aportar cada un dos concellos

referidos?

6.- ¿Qué cantidade aporta a Xunta de Galicia á saída da Vuelta

Ciclista a España?

7.- ¿Qué contrapartidas recibirá Galicia como consecuencia

desa inversión? ."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

29 Oscar

estevo, ¿refíreste a Vaia Semanita? Aínda o botan.

28 anxo

estevo, todos somos nacionalistas, eu o primeiro pero o meu nacionalismo non e excluinte e non desprecia a naide, prefiro respetar e admirar as outras autonomías e países, ademais unhos cantos só son antiespañois, iso non e ser nacionalista, iso e ser un resentido e o resentimento ou se cura ou acaba por ser cancerígeno.
Que naide se apropie do galeguismo, no pp e no psoe hai galegos e, por certo, con un nivel medio moi superior que nos partidos excluintes e pouco solidarios.

27 estevo das estrivadas

Penso que deberiamos de facer un concurso ou algo semellante ante as continuas paridas que podemos ler do PP e dos seus medios de comunicación. A isto deberiamos de lle engadir a doutros medios no referente á paranoia existente en todos os medios de comunicación e nos partidos españolistas con todo o que teña que ver co nacionalismo.

Durante a xeira de Aznar como Presidente do Estado, a Televisión Vasca facía un programa semanal con estas cousas, e a verdade sexa dita...estaba moi ben. É unha maneira de que a xente vexa o grado de esquizofrenia paranoide do españolismo (xa sexa PP como PSOE).

26 Oscar

Porque hai un partido que en Galiza que no pasado polo menos, nin sequera procurou facer as cousas ben; soamenteprocurou ser a casa dúns cantos zugadores de cartos e bastantes caciquiños con gaans de poder.

25 clara

Estamos obcecados cos partidos. As cousas están ben feitas o mal non por quén as fai si non por cómo se fan.
É imposible que un teña razón sempre, e imposible que nunca a teña.