¿Por que as etapas da Volta comezarán en concellos gobernados polo BNG e PSOE?

Tamén o PP critica que as etapas da Volta a España que comezan en Galicia o fan en concellos gobernados polo PSOE e o BNG. Nunha iniciativa presentada o pasado mes denuncian esta situación e piden explicacións á Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/08/2007 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

PILAR ROJO NOGUERA e MANUEL S. RUIZ RIVAS, deputada e

deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Pregunta para a súa resposta Oral en Comisión:

Nestes últimos días tivemos coñecemento a través dos medios de

comunicación, de que van a ser varios os concellos galegos cun

certo protagonismo na saída da Vuelta Ciclista a España 2007; en

concreto, ademais da anunciada saída na cidade de Vigo, os

concellos de Allariz, Santiago de Compostela e Viveiro, van a ter

un papel relevante na referida competición.

Pero non deixa de ser certamente sorprendente, o feito de que

todos os concellos citados están gobernados polo BNG ou polo

PSOE, e ningún polo PP, a pesares de ser este último o partido

político que mais concellos goberna en Galicia.

Deixando claro que o Partido Popular non comparte en absoluto a

politización que do deporte se está tentando facer dende a

Consellería de Cultura e Deporte, si o que se pretende e dar

protagonismo ós concellos galegos, e por ende a Galicia, nunha

competición de tanta importancia no panorama deportivo nacional,

e dado que non se necesita de ningún requisito especial que poida

ser motivo de rexeitamento dun concello para participar neste

evento, non se entende que non haxa representación dalgún

gobernado polo partido maioritario en Galicia, a pesares que neste

momento o Partido Popular está a gobernar en mais de 160

concellos da nosa comunidade, co que iso supón de

representación do pobo de Galicia.

Polo tanto, estes deputados queren preguntarlle ao goberno:

1.- ¿Cales son as razóns deportivas que levaron a seleccionar

ós concellos de Vigo, Allariz, Santiago de Compostela e

Viveiro, para participar na saída da Vuelta Ciclista a España

2007?

2.- ¿Se tivo en conta algunha outra circunstancia para

seleccionar os devanditos concellos?

3.- ¿Na selección dos concellos, se tivo en conta a opinión da

organización da Vuelta Ciclista a España, ou foi unha

decisión exclusiva da Xunta de Galicia?

4.- ¿Preguntóuselles ós distintos concellos galegos o seu

interese en participar?

5.- ¿Qué cantidade deben aportar cada un dos concellos

referidos?

6.- ¿Qué cantidade aporta a Xunta de Galicia á saída da Vuelta

Ciclista a España?

7.- ¿Qué contrapartidas recibirá Galicia como consecuencia

desa inversión? ."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

24 galiza ceive!

non hai cidade nin vila agora mesmo gobernada polo pp, ou sexa, non hai cidade nin vila onde mais do 50% dos votantes apoien o pp. E digo eu, non tera iso que ver?

23 triciclo

Estaria ben facer un exercicio de política-ficción e saber que se diria se con Fraga(saurio) no poder unha etapa da Volta saise de Vilalba en vez de sair de Alariz con Quintana no poder..
Por certo na volta do 2006 unha etapa rematou en Lugo (PSOE) e otra escomezou na Fonsagrada (PSOE)

22 Oscar

¿Agora hai máis caciques ca antes? Non no meu pobo, nin en todos os que limitan con el; a maioría dos caciques non teñen relevo xeracional; pois o fillo está ben enchufadiño no posto que sexa e non volve ao pobo. E os outros partidos non teñen caciques. E se o meu pobo mudou ao alcalde do PP por un do BNG, só pode ser porque algo se está movendo no rural galego (¡xa era hora por outra banda!). Se hai máis caciques, coma dis ti, debo estar eu cego, porque non os vexo.
E respecto ao de Lugo; mira, Cacharro nunca recibiu Orozco porque "non é dos seus". Besteiro en cambio, xa dixo que se ía reunir con tódolos alcaldes da provincia de Lugo. É a diferencia entre ser o Presidente de todos os lucenses e selo dos lucenses do PP. É a diferencia entre respecto polo resultados electorais contrarios ao propio interese e "democracia é que salgan os meus", é a diferencia entre democracia e dictabranda. ¿Con que cara non se reúne un Presidente de Deputación có alcalde da capital e cidade más poboada da súa provincia, na que viven un de cada cinco lucenses? ¿Con qué cara vai ser, senón coa de Cacharro? Por iso o PP meece o que lles pasou en Lugo, iso pásalles aos partidos que se apoian en caciques egocéntricos, que os caciques non son xente de fiar. Quén xoga con lume, algunha vez se queima.
E o de Melón ímolo deixar aí, entre outras cousas porque gustaríame saber que acontecería se o concello non fose do PP.

21 galiza ceive!

"Hai mais caciques agora que antes, o que pasa e que nopn saben ser mellores" : si, e agora hai mais camaras de gas que antes, e morren mais meigas na fogeira. E hai xente mala que ata come rapaces vivos!

20 anxo

1. Hai mais caciques agora que antes, o que pasa e que nopn saben ser mellores
2. ¿que mais da de que concello saia nada si todos os concellos teñen acordos ilícitos, que non ilegales, e os votantes son maioritariamente do pp?
3. Xandokas, e moito mellor que a asamblea nacional do bnga decida por todos que o parlamento galego. Eres un demócrata e os teus insultos dan credibilidade ó insultado porque se separan de ti.
nembargantes e moi normal nos ladróns pensar que todo o mundo fai o mesmo, e o que coñecen.
4. Oscar, agora a baltar sustitueo o delegado de industria en Ourense, chámase Jardón (non Xardón) Vaia facha recoñecido, estanche á par.
5. Brian, si non somos españois pois tes razón ¿que coño pinta a volta a españa aiqui, pero somos españois.
6. Menos mal que hai unha dictablanda no semigoverno do pesoe porque o do bnga e unha dictadura
7. Oscar ¡comprobacue o queche dixen de Melón ou o teu interese cultural non lle deu a importancia suficiente?.
E unha pregunta ¿de que partido e o Presidente dadip. de lugo e o alcalde?¿e antes? Os familiares reúnense mais facilmente.
8. anticacique de nome, nunca oín tantas veces os nosos como nas Consellerías e os militantes do bnga.
9. Perdoade os comentarios pero traballei ata moi tarde e cando cheguei ó restaurante (de eses caros que agora frecuentan os do bnga, bueno só os que pagan con carots da xunta), os meus amigos xa estaban acabando e estou cabreado. Mil disculpas