¿Por que as etapas da Volta comezarán en concellos gobernados polo BNG e PSOE?

Tamén o PP critica que as etapas da Volta a España que comezan en Galicia o fan en concellos gobernados polo PSOE e o BNG. Nunha iniciativa presentada o pasado mes denuncian esta situación e piden explicacións á Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/08/2007 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

PILAR ROJO NOGUERA e MANUEL S. RUIZ RIVAS, deputada e

deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Pregunta para a súa resposta Oral en Comisión:

Nestes últimos días tivemos coñecemento a través dos medios de

comunicación, de que van a ser varios os concellos galegos cun

certo protagonismo na saída da Vuelta Ciclista a España 2007; en

concreto, ademais da anunciada saída na cidade de Vigo, os

concellos de Allariz, Santiago de Compostela e Viveiro, van a ter

un papel relevante na referida competición.

Pero non deixa de ser certamente sorprendente, o feito de que

todos os concellos citados están gobernados polo BNG ou polo

PSOE, e ningún polo PP, a pesares de ser este último o partido

político que mais concellos goberna en Galicia.

Deixando claro que o Partido Popular non comparte en absoluto a

politización que do deporte se está tentando facer dende a

Consellería de Cultura e Deporte, si o que se pretende e dar

protagonismo ós concellos galegos, e por ende a Galicia, nunha

competición de tanta importancia no panorama deportivo nacional,

e dado que non se necesita de ningún requisito especial que poida

ser motivo de rexeitamento dun concello para participar neste

evento, non se entende que non haxa representación dalgún

gobernado polo partido maioritario en Galicia, a pesares que neste

momento o Partido Popular está a gobernar en mais de 160

concellos da nosa comunidade, co que iso supón de

representación do pobo de Galicia.

Polo tanto, estes deputados queren preguntarlle ao goberno:

1.- ¿Cales son as razóns deportivas que levaron a seleccionar

ós concellos de Vigo, Allariz, Santiago de Compostela e

Viveiro, para participar na saída da Vuelta Ciclista a España

2007?

2.- ¿Se tivo en conta algunha outra circunstancia para

seleccionar os devanditos concellos?

3.- ¿Na selección dos concellos, se tivo en conta a opinión da

organización da Vuelta Ciclista a España, ou foi unha

decisión exclusiva da Xunta de Galicia?

4.- ¿Preguntóuselles ós distintos concellos galegos o seu

interese en participar?

5.- ¿Qué cantidade deben aportar cada un dos concellos

referidos?

6.- ¿Qué cantidade aporta a Xunta de Galicia á saída da Vuelta

Ciclista a España?

7.- ¿Qué contrapartidas recibirá Galicia como consecuencia

desa inversión? ."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

9 Oscar

Por favor, non vos burledes do Partido Porcallán. Lembremos con Memoria Histórica (con maiúscula, coma a tan temida lei) aquela lonxana época na que Baltar metía medo có seu "hai que buscar os votos ata debaixo das pedras", aquela época na que Fraga estaba segurísimo de que ía sacar de novo maioría absoluta e que tralo seu quinto mandato, o sucedería o flamante futuro presidente da Xunta, sr. Rajoy. Lembrade con morriña aquela época na que o PP parecía, e de feito era, sólido coa unha pedra; e Fraga resolvía calquera disputa entre os da boina e os do birrete, xa que todos o respectaban a el. Recordade aquela época na que se dicía que o electorado do PP era coma unha rocha de sólido, na que [se dicía] os do BNG eran terroristas e os do PSOE ían quitar as pensións se gañaban, aquela época na que de Galiza pasaban tanto os gobernos do PP coma os do PSOE, aquela época na que se nos enchían as costas de fuel, o noso presidente ía de caza e o Goberno nos mandaba 200 soldados para limpar toda a costa (grazas, voluntarios de toda España e de todo o mundo; grazas, pescadores da ría de Arousa), na que en Galiza había máis incendios que en ningún outro sitio de España, pero a pesares diso, non eramos nova nos telexornais. Lembrade aquela época na que o funcinariado non era un enchufe, era unha central eléctrica enteira. Lembrade aquela época na que o concello da Coruña non recibía un can da Xunta, aquela na que Cacharro ameazaba perpetuarse na Deputación con caciquismo a base de ben e se negaba a recibir a Orozco, ou na que Baltar nunca baixaba dos 17 deputados de 25, na que Fraga dicía que o alcalde de Toques ía seguir no seu sitio e soltaba perlas coma esta http://www.elmundo.es/elmundo/2004/...
A época na que Fraga absorvía o 70% do telexornal coas súas imaxes botando unha soneca no Parlamento (o sexa, quedando frito, desmaiándose, dándolle infartos xusto cando Baltar dicía que se piraba, aquela época na que o delfín de Fraga ía ser Cuíña, na que eramos o faimerrir de España có noso individuo da nosa especie autóctona "o Fragasaurio", na que se cría que en Galiza endexamáis ía gobernar outra cousa que non fose o PP, na que o carrexo, a resurrección de mortos, a manipulación, eran unha cousa do máis normal aquí, pero ninguén fora de Galiza sabía qué era iso. A época na que os penosos ocupaban cinco das sete alcaldías urbás (todas menos Coruña e Santiago), as catro Deputacións, a Xunta e o Goberno.
En resumo, unha dictabranda.
E agora vén a pregunta do millón: Todos aos que neste foro se lles enche o papo falando de liberdade e nótase claramente que camiñan por onde lle cnvén ao PP, ¿non sabedes disto? ¿xustíficadelo? ¿minto eu? ¿ou é tan lonxano qu xa non vos acordades? ¿Por qué queredes que volva iso?

8 Dopazo

eu máis ben diría PP Partido Penoso. Penoso o seu xeito de gobernar na Xunta, Deputacións e Concellos con magníficos mandatarios como Cacharro, Romay, Baltar, Cuiña, etc. Todo un exemplo de transparencia, obxectividade, igualdade e pluralismo.

7 Mariquiña

Pereiro,tes tódala razón. O que ten o PP é gana de festa...

6 Pereiro

O PP demostra que tiña unha gran esperanza nos resultados electorais das pasadas municipais. Tendo en conta que a Vuelta 2007 presentouse en decembro de 2006, polo tanto antes desas eleccións, sendo alcaldesa de Vigo Corina Porro ... ¿por que a Vuelta só toca cidades/vilas gobernadas pola esquerda? Porque o PP perdeu as eleccións.

5 Oscar

Onte mesmo apareceu a noticia:
O Presidente da Deputación de Lugo reúnese có alcalde da cidade de Lugo por primeira vez en oito anos.´
Dende que Orozco foi investido alcalde no 99, Cacharro non o recibiu nin unha soa vez.
Para que logo falen de discriminación.