¿Por que as etapas da Volta comezarán en concellos gobernados polo BNG e PSOE?

Tamén o PP critica que as etapas da Volta a España que comezan en Galicia o fan en concellos gobernados polo PSOE e o BNG. Nunha iniciativa presentada o pasado mes denuncian esta situación e piden explicacións á Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/08/2007 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

PILAR ROJO NOGUERA e MANUEL S. RUIZ RIVAS, deputada e

deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Pregunta para a súa resposta Oral en Comisión:

Nestes últimos días tivemos coñecemento a través dos medios de

comunicación, de que van a ser varios os concellos galegos cun

certo protagonismo na saída da Vuelta Ciclista a España 2007; en

concreto, ademais da anunciada saída na cidade de Vigo, os

concellos de Allariz, Santiago de Compostela e Viveiro, van a ter

un papel relevante na referida competición.

Pero non deixa de ser certamente sorprendente, o feito de que

todos os concellos citados están gobernados polo BNG ou polo

PSOE, e ningún polo PP, a pesares de ser este último o partido

político que mais concellos goberna en Galicia.

Deixando claro que o Partido Popular non comparte en absoluto a

politización que do deporte se está tentando facer dende a

Consellería de Cultura e Deporte, si o que se pretende e dar

protagonismo ós concellos galegos, e por ende a Galicia, nunha

competición de tanta importancia no panorama deportivo nacional,

e dado que non se necesita de ningún requisito especial que poida

ser motivo de rexeitamento dun concello para participar neste

evento, non se entende que non haxa representación dalgún

gobernado polo partido maioritario en Galicia, a pesares que neste

momento o Partido Popular está a gobernar en mais de 160

concellos da nosa comunidade, co que iso supón de

representación do pobo de Galicia.

Polo tanto, estes deputados queren preguntarlle ao goberno:

1.- ¿Cales son as razóns deportivas que levaron a seleccionar

ós concellos de Vigo, Allariz, Santiago de Compostela e

Viveiro, para participar na saída da Vuelta Ciclista a España

2007?

2.- ¿Se tivo en conta algunha outra circunstancia para

seleccionar os devanditos concellos?

3.- ¿Na selección dos concellos, se tivo en conta a opinión da

organización da Vuelta Ciclista a España, ou foi unha

decisión exclusiva da Xunta de Galicia?

4.- ¿Preguntóuselles ós distintos concellos galegos o seu

interese en participar?

5.- ¿Qué cantidade deben aportar cada un dos concellos

referidos?

6.- ¿Qué cantidade aporta a Xunta de Galicia á saída da Vuelta

Ciclista a España?

7.- ¿Qué contrapartidas recibirá Galicia como consecuencia

desa inversión? ."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

4 anticacique

O PP goberna en 155 concellos, máis de 60 deles de Ourense (onde en realidade todos sabemos que non goberna o PP senón Baltar e cando Baltar marche pasará coma cando Cacharro marchou), e a maioría son concellos de menos de 2000 habitantes, ou de menos de 5000. É dificil ter infraestrutura para albergar un inicio ou fin de etapa se a capital do concello ten 200 habitantes (no mellor dos casos).

Máis o que o señor Feijoo nos está a dicir é que hai un trato de favor ós concellos gobernados por PSOE-BNG en detrimento dos gobernados polo PP. Pois non señor Feijoo, non é así, "piensa el ladrón que todos son de su condición".
Cantos concellos do PSOE e do BNG tiñan garderías municipais subvencionadas pola xunta de Fraga?, se cando ían a solicitala se lles dícía claramente que se denegaba pois non eran "dos nosos". Se ata o propio Fraga ía polos concellos a dicir que como non o votaran a eles da xunta non terían nen un peso.
Agora hai consorcios cos concellos, CON TODOS, e se firmas o consorcio os cartos son para todos os mesmos, igual subvención en función de índices de envellecemento, habitantes,medio rural...iso é o consorcio da igualdade e benestar, luz e taquígrafos nas relacións Xunta-Concellos, todo trasparente.

E os concellos do PP non firman o consorcio da igualdade e benestar señor Feijoo, ¿e sabe por que?, porque fode dicir que as cousas funcionan ben, fode dicir que agora non hai politiqueo, nen conseguidores, nen caciquiños do PP traendo as cousiñas para a aldea, fode dicir que ninguén lle debe o favor a ninguén.
É incrible o señor Feijoo, é incrible que o que dí o diga el mismo e non se aplique o conto. É incrible que lle pida a Zapatero que rebaixe tamén a peaxe en GAlicia da A9 , cando os do PPdeG ampliaron a concesión a 50 aniños máis para beneficiarse eles mesmos, pois os altos cargos de Caixa Galicia non lle son do bloque precisamente.

3 Oscar

Xa veredes, cando a Volta pase por Catalunya, só vai pasar por cidades socialistas; e cando pase por Andalucía, só vai pasar por provincias socialistas.
Pero alí non vai saír o PP a protestar.
Cómo non vái saír a protestar o PSOE cando a Volta pase por Valencia e Murcia e só pase por cidades do PP e provincias do PP.

2 estevo das estrivadas

A verdade, cada día leo máis estupideces nos medios de comunicación. Pero mira que hai tarugos que tragan con cada cousa!!!. Non entendín esta semana que problema teñen os nosos nenos en aprender o hino da nosa terra e agora saenos os do PP con esta parida suprema, pero en que concellos goberna o PP???

1 Oscar

A ver PPeros, ¿qué carallo queredes? Pois claro que seleccionan concellos do PSOE e do BNG, xa que son os únicos que reteñen concellos importantes. Se os voss únicos concellos importantes son son Ribeira e Lalín, a posibilidade de que vos toque é máis baixa, é evidente, ¿qué queredes, que a Volta saia dalgunha das vosas aldeíñas?¡Atención, atención; a Volta Ciclista saíra este ano dende Beade!
Se queredes que vos toque, ¡gobernade algo, que máis ca nunca sodes o partido do caciquismo rural!
PP:Partido Patético