Xosé Filgueira Valverde, elixido para as Letras Galegas 2015

Impúxose a Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María. A súa vida política foi polémica xa que participou con cargos nos gobernos de Franco.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/07/2014 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O escritor e historiador Xosé Filgueira Valverde será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2015.

Filgueira Valverde lendo un discurso
Filgueira Valverde lendo un discurso

 

Así o decidiu o pleno da Real Academia Galega (RAG) tras analizar as distintas propostas que estaban enriba da mesa. De feito, Valverde impúxose a Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María.

 

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, destacou do elixido a súa traxectoria como polígrafo, que foi un importante prosista e que fixo interesantes incursións no ámbito da poesía.

Filgueira Valverde (dereita), xunto a Del Riego e Piñeiro
Filgueira Valverde (dereita), xunto a Del Riego e Piñeiro

Traxectoria

Xosé Fernando Filgueira Valverde, naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finou na mesma vila o 13 de setembro de 1996. Ten abundante produción literaria e humanística. Foi un importante activista cultural e político. De feito, a súa traxectoria política foi criticada por ter rachado cos partidos da esquerda e ter participado con cargos nos gobernos de Franco.

 

Desde moi novo estivo involucrado en toda sorte de proxectos culturais. En 1923 -con só 17 anos- funda, xunto con Lois Tobío e Fermín Bouza Brey, o Seminario de Estudos Galegos onde dirixiu a sección de Historia da Literatura ata 1936. Anos despois dirixiría o Instituto Padre Sarmiento.

 

Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra en 1927, do que foi secretario ata 1942, ano no que se converte no seu director, mantendo a colaboración co Museo ata a fin dos seus días. Tamén chegou a dirixir a casa Museo de Rosalía de Castro.

 

Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. En maio de 1935 encabeza un grupo de militantes deste partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda, organizando a Dereita Galeguista. Cando se produciu o golpe militar contra a República apoiou os insurxentes con proclamas na radio e, posteriormente, ocuparía cargos públicos no franquismo como alcalde de Pontevedra entre 1959 e 1968, procurador en Cortes e, xa na democracia, como conselleiro de Cultura en 1982 e 1983.

 

Como alcalde de Pontevedra estimulou a acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental de Pontevedra. Tamén foi durante ese período cando se permitiu a instalación da papeleira de Pontevedra, da empresa ENCE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

2 COUTO MIXTO

pártome non soio que son todos un fato de franquistas ó mesmo que ó elexido, que ademáis para seguir mamando do ubre da vaca, ter subvencións teñen que contentar a Feijoo, ainda que acaba de chamarlle mantidos, pero claro como non teñen vergoña nin por aludidos danse, foron ata a Mondariz a facer propaganda de unha bebida anda por ahí ó video comercial, mirade que baixo caiú a RAG. Non ten prestixio, nin categoría, cousa que si tiña CO GRAN PROFESOR MENDEZ FERRIN, pero claro iso fodialles Ó ÉXITO , a CLASE, A DISTINCIÓN, é agora, nada, unha tienda de barrio que ata abre ó fin de semán, que tiveron que xuntarse co TOLO, para fomentar ó alcoholismo é que se maten máis mozos GALEGOS nas carreteiras.

1 pártome

Reintegratas, clube de fans de Carballo Calero e mariachis da memoria histórica botando espuma pola boca en 3, 2, 1...

1 Manuel P.

Em tal caso botaremos escuma, por uma ou outra norma isso nom muda. Uma mágoa que exista gente coma ti, tem coidado nom te mordas a língua porque creo que aínda nom existe o contraveleno para isso...

2 Artur2.

Non estás celebrando o teu día bibliotecaria orgullosa?