Dez millóns de euros do Goberno central para rehabilitar nove edificios públicos na provincia da Coruña

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, detallou que os traballas poderanse executar polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana tras pechar o tramo autonómico do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou este martes o investimento de máis de 10 millóns de euros do Executivo na rehabilitación de ata sete centros educativos e dous edificios administrativos da Xunta na provincia da Coruña.

Así o detallou durante unha visita que realizou na mañá deste martes, 10 de maio, ao CEIP Almirante Juan de Lángara e Huarte, onde estivo acompañada polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE).

Rivas detallou que os traballas poderanse executar polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana tras pechar o tramo autonómico do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP).

No caso desta cidade, no centro escolar visitado, a achega será de 1.358.978 euros, aos que hai que sumar os 783.720 euros destinados ao IES de Catabois, para desenvolver obras de eficiencia enerxética, optimizar os sistemas de calefacción, cambio de xanelas e tamén cubertas. Este programa tamén inclúe actuacións nos municipios da Coruña, Santiago de Compoestela, Muros, Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Na Coruña beneficiarase ao edificio laboratorio de Medio Ambiente, en Muros ao IES Fotexería, en Ribeira ao CEIP de Frións, en Santiago ao CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, ao IES Lamas de Abade e ao edificio da Consellería de Medio Ambiente e, na Pobra, ao IES da Pobra do Caramiñal.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, nunha visita a Ferrol.. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, nunha visita a Ferrol.. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta