Doa sangue... Galicia necesita os grupos A+, 0- e 0+

A Axencia de Doazón fai un chamamento á doazón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2022 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) apela á colaboración cidadá porque Galicia necesita sangue dos grupos A positivo (A+), Cero negativo (0-) e Cero positivo (0+).  Segundo informou este mércores ADOS, as reservas deste tres grupos sanguíneos "presentan niveis baixos", polo que considera necesario "reforzar o permanente chamamento á participación nas compañas de doazón" que realiza a Consellería de Sanidade a través da Axencia.

Deste xeito, ADOS lembra que os centros sanitarios da Comunidade galega necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver "de maneira eficaz", puntualiza, as súas tarefas sanitarias. Por iso, a Axencia de Doazón apela á "xenerosidade e altruísmo" da cidadanía de Galicia e pide "un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue".

Para facilitar a doazón, as unidades móbiles de ADOS visitarán nestes días varios concellos galegos co fin de conseguir as achegas necesarias de compoñentes sanguíneos, indica, "que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos centros sanitarios de Galicia".

Por tanto, este mércores haberá unidades móbiles en Pontedeume, A Coruña, Santiago, Moraña, Soutelo de Montes, Forcarei, Vigo, Redondela, Lugo, Ourense, Cenlle e San Amaro. E este xoves, pola súa banda, desprazaranse unidades a Cedeira, A Coruña, Ribeira, Curtis, Teo, Ribadumia, O Porriño, Vigo, Chantada e Lalín.

Unha unidade móbil de ADOS para facilitar a donanción de sangue en Galicia.. ADOS
Unha unidade móbil de ADOS para facilitar a donanción de sangue en Galicia.. ADOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta