Temas: MúSICA

Guía completa da tempada (F)estival

Xa terminou o Festival do Norte, pero non o período estival de festivais. En xullo hai festival practicamente cada dia, e en agosto segue a oferta de música para todos os gustos musicais, dende o folk en Ortigueira ata o jazz en Ribadeo, pasando polo rock, pop, ska, indie, punk, mais un longo etc.

Por GC Tendencias | Santiago | 06/07/2014 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

Aínda a risco de saltarnos algún, en GCTendencias queremos ofrecerche a guía completa de festivais en Galicia este verán, para que te poidas organizar e non perder ningún.

Xullo

Venres 11 – Domingo 12. Foz, A Mariña. VRAÓ. Música independente galega. DE BALDE

Venres 11 – Luns 13. Bemposta, Ourense. REPERKUSIÓN. Varios estilos musicais, circo e outros. Entre 15-30 €

Xoves 17 – Sábado 19. Nigrán, Val Miñor. PORTAMÉRICA. Indie nacional e internacional. Entre 25-45€

Xoves 17 – Domingo 20. Ortigueira, A Coruña. FESTIVAL ORTIGUEIRA. Folk celta. DE BALDE

Venres 18 – Domingo 27. Ribadeo, Mariña Oriental. RIBADEO JAZZ BLUES. Entre 20-80€

Xoves 24 e Venres 25. Santiago de Compostela. FESTIGAL. Música reivindicativa en galego. DE BALDE

Venres 25. O Grove. O GROVE JAM FEST. Hip-hop. DE BALDE

Venres 25 e Sábado 26. Moaña. FESTIVAL INTERCÉLTICO DO MORRAZO. Folk. DE BALDE

Venres 25 – Domingo 27 Illa de San Simón, Redondela. SINSAL FESTIVAL. Varios estilos. Entre 25 e 47€. Entre 6 e 10€ para nenos.  

Sábado 26. Malpica de Bergantiños, A Coruña. NORDESTAZO ROCK. Rock nacional. A partir de16€

Sábado 26. A Guarda. ARTFEST BAIXO MIÑO. Rock, pop, indie nacional. 15€

Xoves 31-Sábado 2 agosto. Viveiro. RESURRECTION FEST. Metal e hardcore-punk. Entre 45-79€

Agosto

Sábado 2. Praia do Razo, Carballo. SEREAS E PIRATAS. Indie nacional. Entre 12-15€

Xoves 7-Sábado 9. Santiago. BRINCADEIRA FESTIVAL. Varios estilos. Entre 25-55€

Martes 15- Mércores 16. Ribadavia. FESTIVAL ARTEFICIAL. Varios estilos. Entre 8-12€

Mércores 16. Valarés. V DE VALARÉS FESTIVAL. Rock, indie, pop nacional e internacional. A partir de 15€

Septembro

Venres 12-Sábado 13. Burela. FESTIVAL OSA DO MAR. Bandas nacionais. Entre 6-14€

Sábado 13-Domingo 14. Boimorto, A Coruña. FESTIVAL DA LUZ. Músicos nacionais e internacionais. 10-15€

Sábado 19- Luns 20. Bueu. SONRÍAS BAIXAS. Bandas nacionais e internacionais. Entre 22-29€

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta