A familia de María Casares doa ao Concello da Coruña 282 obxectos da actriz

Moitos deles pertencían tamén a Santiago Casares Quiroga, que os levou consigo a Francia cando marchou exiliado en 1936.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/05/2022 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña recibiu este mércores obxectos pertencentes a María Casares. A familia da actriz decidiu doar á cidade, con motivo do Ano Internacional María Casares, unha importante cantidade de artigos, que conteñen desde libros a fotografías.

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu a Michel Casares, descendente de María Casares, e á súa muller Danielle Chantal, no palacio de María Pita, para formalizar a entrega destes 282 documentos de valor histórico. Moitos deles pertencían a Santiago Casares Quiroga, que os levou consigo a Francia cando marchou exiliado en 1936.

No acto, a alcaldesa fixo entrega á familia da actriz dun agasallo institucional por parte do concello e destacou a importancia que ten para A Coruña e o seu sector cultural a recuperación destes arquivos.

"Esta doazón é un feito de gran importancia para a nosa cidade, na que tentamos expandir a figura de María Casares, unha coruñesa que triunfou máis aló das nosas fronteiras e á que dedicamos este ano 2022", sinalou a rexedora.

CONFERENCIAS DA XUNTA

Por outra banda, o director de teatro e ópera Jorge Lavelli e o actor e director Josep María Flotats compartiron nesta xornada as súas vivencias profesionais e persoais con María Casares no ciclo de conferencias organizado pola Xunta.

As intervencións desta nova xornada foron presentadas polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e tiveron lugar no salón de actos do Museo de Belas Artes, onde se desenvolve un ciclo que se prolongará ata finais de ano.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, recibe os obxectos doados por familiares de María Casares. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, recibe os obxectos doados por familiares de María Casares. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta