Rescatan de noite a un home que se torceu un nocello nun carreiro de monte en Carnota

Tiveron que trasladalo en padiola un 150 metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias rescataron na noite deste pasado xoves a un home de 50 anos de idade que se torceu un nocello na baixada ao Miradoiro Bico do Santo no municipio coruñés de Carnota.

Segundo informaron os Bombeiros de Cee, ás 22,50 horas do xoves recibiron a chamada para rescatar a unha persoa que se torceu o nocello na baixada do carreiro que vai ao Miradoiro do Bico do Santo en Carnota.

O lesionado, un home de 50 anos de idade, "non podía moverse pola lesión e o camiño ten moita dificultade", indican as mesmas fontes de emerxencias, "polo escarpado do carreiro e a dificultade da visión pola noite".

Por iso, sinalaron as mesmas fontes, coa padiola niño, baixaron ao home "sempre controlado, á beira do chan, pois é unha persoa con moito peso", abundaron, para apuntar que desde o punto onde estaba o home ata a ambulancia "había uns 150 metros". Ás 00,32 horas terminaron a intervención.

Praia de Carnota co Pindo ao fondo
Praia de Carnota co Pindo ao fondo | Fonte: Turgalicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta