O Concello de Oleiros simula o atropelo de Ethel Vázquez nun cartel pola seguridade viaria

Esixe á Xunta "asumir as súas competencias" e solucionar os problemas existentes nas estradas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O Concello de Oleiros iniciou unha campaña informativa para denunciar problemas de seguridade viaria en varios puntos das estradas autonómicas do municipio. Nela, pódese ver unha imaxe na que a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, é alcanzada por un vehículo.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presentou esta campaña co obxectivo de reclamar medidas á Xunta que, segundo o rexedor, se nega a solucionar os problemas existentes. Entre outras actuacións, reclama a creación de beirarrúas, pintado de pasos de peóns ou ampliación de beirarrúas en distintos puntos do municipio de Oleiros, como o caso de Mera.

"A Xunta ten que asumir as súas competencias", asegurou o rexedor en referencia á Consellería de Infraestruturas, á que que acusa de "pasividade e inacción". Por iso, segundo dixo, procedeuse á colocación de paneis "satíricos" para chamar a atención, entre os que figura a montaxe dun suposto accidente con Ethel Vázquez alcanzada por un vehículo. Inicialmente, foron instalados na zona do Couto, en Dorneda, onde o consistorio reclama a creación dun paso de peóns.

Campaña do Concello de Oleiros para esixir melloras en materia de seguridade viaria. CONCELLO DE OLEIROS (A Coruña)
Campaña do Concello de Oleiros para esixir melloras en materia de seguridade viaria. CONCELLO DE OLEIROS (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ricardo R.

El cacique del municipio más rico de Galicia se pasa tres pueblos con estas salvajadas. Lo grave es que muchos se lo permiten como si fuese un personaje pintoresco. Así estamos.

1 Moine

O alcalde de Oleiros, “Gelo”, é um dos alcaldes mais queridos polos os seus votantes. Fai-te esta pergunta, se governasse o PP, quantos escândalos de corrupçom é urbanismo teríamos visto e consumado num concelho dos mais apetecível para os promotores urbanísticos. O PP está condenado como “organizaçom criminal” por um juiz de Valência, roubárom a malsava; cousa que nunca se poderá dizer de Gelo.