Temas: XUíZO ASASINATO

A defensa dos acusados polo crime do expreso de Pereiro inciden en que "non hai vestixios" para condenalos

"Se eu quero matar alguén, non o mato na miña casa", defende un dos procesados.

Por E.P. | Ourense | 13/05/2022 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Os avogados dos acusados polo crime dun expreso de Pereiro de Aguiar ao que supostamente mataron para quedar con máis de 20.000 euros dunha herdanza defenderon que "non hai vestixios" para condenar os seus clientes, que se enfrontan a penas de 22 e 23 anos, respectivamente.

Xuízo en Ourense contra dous acusados de matar un home para facerse coa herdanza recibida da súa nai
Xuízo en Ourense contra dous acusados de matar un home para facerse coa herdanza recibida da súa nai | Fonte: Europa Press.

Este venres tivo lugar a última sesión do xuízo pola 'Operación Ávaro', que quedou pendente de veredicto, algo que non se coñecerá ata a próxima semana, cando o xurado popular se reunirá o vindeiro mércores para as deliberacións unha vez pasada a ponte polo Día das Letras galegas.

Durante a última xornada, un dos acusados reivindicou a súa inocencia baseándose nas condicións que a investigación atribúe ao crime. "Se eu quero matar alguén, non o mato na miña casa, non envío outro á casa da miña nai a que o faga", esgrimiu.

Aos dous acusados acúsaselles de asasinato; a vítima recibiu "polo menos catro golpes" cunha barra de ferro que lle provocaron a fractura do cranio, todo iso para conseguir, presuntamente, o diñeiro da herdanza, polo que tamén se lles acusa de estafa. Así pois, a Fiscalía solicita penas de 22 e 23 anos de prisión por estes delitos.

Temas: XUíZO ASASINATO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta